San Sadurniño (A Coruña=, 1953
Seminario: 1963-1970, Preu incluido)
Son da xeración do 53, nacín en San Sadurniño, primoxénito de Xelo de Gómez e de Elena de Sabín, quenes terían catro fillos máis, se ben un faleceu aos poucos meses de nacer. Meu pai, mutilado de guerra, excelente horticultor; miña nai, costureira. Quedamos orfos de pai cando eu contaba dezaséis anos, os xemelgos catorce e o máis pequeno cinco. Hoxe somos tres irmáns: Ángel, Pablo e eu, porque tamén nos deixou hai 25 anos Enrique, quen foi capitán capelán; temos a sorte de seguir disfrutando da nosa nai, quen aos seus 92 anos segue cociñando e reuníndonos, coa excepcionalidade das medidas que hay que adoitar por razón da pandemia que nos tocou vivir. Casei en 1977 con Julita e xa levamos compartindo a vida 48 anos; temos unha filla, Noelia. Vivo en Ferrol pero estou moi vinculado, ademais de con San Sadurniño, con Valdoviño e Pantín.
Con dez anos, despois de aprobar o ingreso e a beca, entrei no Seminario de Vilanova de Lourenzá, o 03-09-1963, sendo mestres Paco Ron, José Mª Puente “¡Ah, majadero! basta con”, Pepe Llenderrozos, Higinio López Rodríguez, Antonio Mª Villar Cheda, Ricardo Pena, Antonio Seijas Cendán (padre espiritual), e alí estudiei os dous primeiros anos de bacharelato. Os catro anos seguintes fíxenos no Seminario de Mondoñedo, con José Mª Fernández, Fernández, Darío Balea Méndez, Rosendo Yáñez Pena, José Cascudo, Antonio Bouza Evia, Manuel Grandal, Uxio García Amor, Jaime Cabot Bujosa, Pepe López García, Honorio, José Mª Díaz Fernández Chemari, Santos Sancristóbal Sebastián, Xoaquín Suárez Prado, Gumersindo Cuadrado (confesor); recordo que no ano 1969 celebrouse no salón de actos do Seminario o Día das Letras Galegas adicado a Antonio Noriega Varela. Fomos o curso que fixo por libre no Instituto de Lugo 6º e reválida, que eu aprobei en xuño. Logo Preu en Ferrol, na Domus (Alfonso Gil Montalvo) e no Instituto Masculino. E eiquí rematou a miña vinculación seminarial.
Estudiei Dereito en Valladolid, de onde gardo moitos e bos recordos, e rematei na UNED; antes de acabar a carreira traballei de camareiro na Rotonda de Valdoviño, nos barcos de Astano que ían Holanda e na hamburguesería Sailors de Ferrol; tamén fun funcionario xudicial interino 6 años no Xulgado de Ferrol e, durante case dous anos, responsable de prestacións e xubilacións no Fondo Promoción Emprego – Ferrol (reconversión naval). Despois de traballar en Porta Abogados na rúa María de Ferrol, abrín o meu propio despacho en 1993. Levo máis de 30 anos como abogado e desde fai 18 anos comparto o bufete coa miña filla Noelia.
Dende o 2010 formo parte da Xunta de Goberno do ICA Ferrol e son o responsable da Área de Dereito Laboral e Seguridade Social da Escola de Práctica Xurídica que si ben constituida aínda non se puxo en marcha. Como entretemento fóra do ámbito laboral, ademáis dos paseos a carón do mar, lecturas e películas, direi que nos últimos anos convertínme nun apasionado do golf, que practico con mellor ou peor acerto, segundo o día.
Fernando Barro Sabín
Noviembre, 2020