Nacín no Palacio de Sante (Trabada) no abril do 1946, nada casa da mina aboa Tomasa, porque daquela as nais querían parir o primer filho na casa da sua nai.
A semana seguinte leváronme a Abres (Asturias) a tomar o tren para Porcillán, o porto pesqueiro de Ribadeo.
Tehno dos irmáns mais pequenos, e os outros tres estábamos destinados a enrolarnos nas parellas que saían a pescada do Cantábrico. Fumos os tres a escola dos Irmáns La Menais, institución de orixen bretona que fuxiu de Saint-Malo cando a Terceira República impuxo a enseñanza laica.
Mondoñedo e Teoloxía en Roma.-Ós 10/11 anos leváronme o Seminario con informes positivos do meu cura Galuá. Despois de dos anos en Vila Nova de Lourenzá e seis en Mondoñedo, no 1966 mandáronme a Roma a facer Teoloxía na Universidad Gregoriana onde fixen a tesina sobre Paul Tillich que, represaliado polos nazis, enseñaba en Nova York con outra refuxiada como Hannah Arendt.
Profesor de francés no Seminario.-No 1970 voltei ó Seminario de Mondoñedo para enseñar francés, pero o ano seguinte inscribime na facultade Paul Valery de Montpellir, onde fixen a Maitrise (licenciatura) en Letras e presentei a tesina sobre as relacións entre as cantigas provençales e as galego-portuguesas.
Gestor en el sector lácteo.-Despois do servicio militar, en 1977 chamáronme, polos meus coñecementos de francés, para levar o comercio exterior de Larsa, empresa líder en eses momentos do sector lácteo. En esa etapa representei o sector lácteo nacional de leite e suero en polvo en Bruselas nas reuni-ons empresariais das asociación Asfilec e Assilec con funcionarios da UE.. Vendín durante estos anos os productos industriais (leite e suero en polvo) de Larsa por Holanda, Francia e Gran Bretaña. Logo os franceses, con o apoio do governo de François Mitterrand, invadiron o sector lácteo peninsular con a chegada da Union Litiere Normande, Besnier e Bongrain. Enton Bongrais mercou Larsa a fixo o grupo Capsa con a Central Leiteira a mais Ato.
Por último, abogado en Pontevedra.- A partir de 1992, mentras seguía trabalhando en Capsa, fixen pola UNED Dereito e en 1999 admitíronme no Colexio de Avogados de Pontevedra, exercendo como avogado hasta iste ano (2020) con as especialidades de Dereito Penal e Vixilancia Penitenciaria,
Estou casado con Françoise e temos duas filhas, Laura e Viviane, e dous netos, Paris Adriano y Layla Sophie.
As minhas ocupacións son, ademáis de atender nos estudos os netos, fago parte da Aula Castelao e son tenor no coro do Colexio de Avogados de Pontevedra.