Foi no curso 59-60 cando, sendo un pipiolo de terceiro en Mondoñedo, comencéi a ser
admirador de Domingo Fernández Barrera, aquel rapaz de Ferreira que, con valentía e,
sobre todo, con gran elegancia, paraba cantos balóns chegaban á súa portería.
O Seminario de Mondoñedo estaba sobrado de grandes porteiros. Recordo ós máis
veteráns, como Orlando e Vilariño, e tamén ós do meu curso Pampín e Fran (Comillas),
incluso ós máis novos, como Pernas (o cancerbero) e o larguirucho Moisés Lozano.
Pero Domingo era o millor, sen despreciar a naide. Confeso que, perante varios anos, eu
pensaba que Domingo era aquel seminarista con sotana que facía unha gran estirada na
icónica foto que todos coñecemos, ata que me informéi de que non era él. Pero podía ser él,
porque a foto reflexa con realismo o que Domingo facía no campo do Menor.
Había naquela época un mítico porteiro, o ruso Yashin, coñecido como “o home araña”. De
ahí que os futboleiros adoptamos ese apodo para referirnos ó noso Yashin de Ferreira do
Valadouo, cuxa traxectoria seguimos atentamente e con orgullo no seu recorrido por
equipos como Lugo ou Ponferradina.
Domingo será ben recebido no ceo e, por qué non, San Pedro daralle o posto de titular
indiscutible na portería do seu equipo, do que tamén forman parte Pepe Roca na defensa,
Andrés Suárez na media, Santiago Rico e Antonio Domínguez na dianteira. EQUIPAZO.
Dejar una contestacion