Vicente Míguez Salgueiro

Vicente Míguez Salgueiro (Celeiro, 1956), mestre nas escolas de Celeiro (1984-2020) e do Vicedo (2002-2020) e escritor. Coautor con Xoán Neira do conto Coñece Celeiro, porto punteiro, autor do libro De azul olvido (1998) e da novela A lúa deitada en Porto Norte (2011), ámbalas dúas obras vencelladas á pesca nos portos do norte lugués.

Participou na obra colectiva Un alpendre de sombra e luar. A escola literaria da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, libro coordinado por Félix Villares Mouteira.

É co redactor de PAGUS. Galicia, un país de paisaxes. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Así mesmo, coautor xunto con Andrés Díaz Ferro do libro Tabernas. Parroquias de Viveiro (2017).

En 2018, xunto con Carlos Nuevo Cal, publica Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial), obra de investigación sobre as fábricas da conserva ao longo do século XX nas rías de Viveiro e do Barqueiro.

É colaborador da revista de estudos locais Terras de Ortegal 7 (2020).

Prologou o libro Cafetarías, Tabernas, Bares e Ultramarinos de Viveiro, da autoría de Carlos Nuevo Cal.

Recibiu o premio  «A toda unha vida», que o colectivo cultural Os Aventados entregou no ano 2019.

En distintos xornais, revistas e programas de televisión vén participando frecuentemente con achegas sobre o mundo do mar.
Dende 1994, director e autor de once obras de teatro escolar. Actualmente continúa esta actividade que iniciou en 2014 co grupo de teatro afeccionado OBRA VIVA, incluido no programa Buxiganga da Deputación de Lugo e que vén escenificando as súa obras por diversos concellos da provincia luguesa.