Xulio Leal Carreira

San Juan de Alba (Vilalba),  1947

1958-1960
Bienio académico no Seminario Menor de Lourenzá. Tempos oscuros nun país aínda en posguerra. Nunha  época na que a pedagoxía común se rexía pola regra de que “ a letra con sangre entra “ , paréceme debido destacar que alí o método se suavizaba , en comparación con outros seminarios e centros en xeral , sempre e cando exceptuemos  a actitude e método do Vicerrector xefe autoritario, represor e mesmo sádico.

1960-1963
Xa en Mondoñedo no que chamabamos Menor. Semellaba que algo ía clarexando. Nós medrábamos, aumentaban as poucas posibilidades de esparcimentoó( deportes , teatro, música,….) . Algún profesor parecía incitar a romper moldes ( paseos agochando a sotana nalgunha palleira, etc.) .Algún influxo do Vaticano II que comeza nestes anos ?
A típica expulsión inesperada e misteriosa de dous, ausentes un día ao erguernos, parecía querer manter o temor e terror como método educativo.

1963-1966
No Maior. Diciamoslle Filosofía. Trienio da ruptura. Os vellos esquemas derrubábanse a cotío. E todo intento de deter o impulso da modernidade esmorecía amosando a súa esterilidade. Tocoulle ao curso no que eu estaba ir deixando a profesores que ata entón parecían imprescindibles ( D. Francisco Fanego, D. Perfecto,..) , o Latín cesaba de ser lingua  vehicular ( D. Jesús Blanco ). Saíamos pasear pola tarde en parellas   ou pequenos  grupos pola carretera do Carme ….. e a vista obtiña benéfico solaz ao contemplar a natureza e minisaia dunha rubia que acompañaba a seu pai..  Fomos por primeira  vez a examinarnos por libre do bacharelato a Lugo..  Os  Beatles e Os Brincos tiveron uns cabales seguidores nos Preukas que ata chegaron a actuar no Instituto levando de teloneiro ao tan extrañado Xosé Manuel Carballo. Etc., Etc.

A revolución ilustrada.-Penso que o próximo Maio do 68 xa estaba a exercer o seu influxo e algún estábamos alí.
Pero alí estaban tamén algúns profes decididos e decisivos impulsores desta revolución ilustrada. En primeira liña e sobre todo, Dino Pacio Lindín. Nada tería sido igual sen el. E desde logo non tan rápido nin tan profundo. Para todos os que o tivemos quedou como unha referencia fundamental. Todo o apuntado antes e moito máis que se omite átopou u e tivo nel  non só a comprensión senón o impulso máis profundo.Creo que temos unha débeda con el.
Sen esquecer o apoio que, máis ou menos en primeira liña , sempre estiveron a prestar Edelmiro Bascuas, Uxío García , José M Díaz.

1966-1967

Educador na Cruz de los Ángeles de Oviedo despois de coñecer ao Padre Ángel na primeira misa de Antonio Pena, que fun a cantar con outro Preuka ( Paco Conde).

1967-1975
Salamanca: estudios de Teoloxía, Filosofía e Psicoloxía.

1975-19766
Obrigas militares.


1966-1968

Lugo: Mensajeros de La Paz no Colexio Alonso Vega .

1978-2011
Profesor de Filosofía no Ensino Secundario ( Santiago, Padrón, Ourense, Tui e Pontevedra ).

A partir de 2011: Xubilado e facendo teatro no grupo “ Avelaiña Teatro de Pontevedra”.

(pódese visitar a web).