Anxos de Lourenzá (IV)

Seminario Lourenzá

“ CURIÑAS”  DE MONDOÑEDO

Para non alongar os artigos deixei algunhas persoas sen nomear nos anteriores, non por esquecemento,  senón por non extenderme moito, así que retomo as someras semblanzas.

 

Non sei se foi en Lourenzá ou en Mondoñedo onde xurden na miña memoria outras figuras:

 

  1. XOSÉ CARAMÉS RIO . Tanto il coma D. Xose Maria Puente tiñan un pelo que a mín sempre me recordaba algunha imaxe de Cristo. Cousas do meu maxín. Era un home moi pausado, sorrinte e bondadoso. Anos máis tarde atopeino de cura de Boimente ( Viveiro) e, cando nos viamos,  saudábamos con verdadeiro afecto. Logo soupen, polo seu curmán  Rubert Méndez,  que se secularizara e creo que morreu en Madrid.

 

  1. ENRIQUE BLANCO PICO. Era de Vilacampa ( entre Ferreira e Viveiro). A figura de D. Enrique teñoa gardada coma mostra da dificultade dunha persoa para a caligrafía. O Home facía verdadeiros esforzos por escribir con boa letra e optaba polas maiúsculas como remedo para ser entendido. Logo usaba  a máquina de escribir.

No Seminario daba imaxe de moi severo e duro de roer,  coma o Pontevedra, máis despois foi párroco de San Francisco de  Viveiro, a miña parroquia dos tempos de sempre, e poiden descubrir o seu fermoso labor en Cáritas. Non esquezo velo cunha caixa grande de lararanxas para os necesitados. Anos andados soupen que se fora ás misións ( creo que Honduras e Guatemala) e dixéronme que morrera aló. Mágoa de boa persoa.

 

  1. ROSENDO YAÑEZ PENA . Era o noso padre espiritual no Seminario Menor. Home alto e coma desgarbado tiña, como caracteristica física máis pronunciada, a cabeza caida para a esquerda. Notábase que era unha alma moi sensible e resultaba moi comprensible con aqueles nosos pecados. Aquilo era todo venial. Os graves viñeron despois. Fai pouco tempo, morreu Rosendiño, como agarimosamente lle chamaba Ramón Barro, alma máter da web do Seminario. A ver se a pandemia nos permite agasallar o seu esforzo con un almorzo de homenaxe.

 

Supoño que esquezo a algúns, pero sesenta anos fan a súa desmesta na memoria, al menos na miña,   e lles pido disculpas. Exemplos temos tamén de carácter displicente, e ata fero, que cecais hoxe, se viven,  sexan outro tipo de persoas. A vida e un viero de erros dos que nos arepentimos, pero non teñen  moitas veces  amaño.  Dos nosos  erros tamén nos gostaría ser disculpado polo demais. Os anos  vannos amainando e facendo máis  comprensivos.

 

Sesenta anos despois daquela nenez somos conscintes de que pasou a vida. E que aqueles picaros sodes hoxe, na maioría dos casos,  abós con algún que outro achaque, se aínda tedes a sorte de vivir.    ¡Cánta xentiña irá aló e moitas veces sen saber uns dos outros!. ¡Mágoa deles! E  unha prez e oración a Deus nas súas memorias.

 

De nós dirán agora, suxetos como estamos a presión dos cartos,  que somos vellos amortizados. Pandemia polo medio.  Suponse que que cada un, no viero escollido, fixo a súa sementeira e plantariamos aqueles sentimentos que xerminaron para nós no Seminario. Cónstanme  que algúns dos nosos compañeiros renegan  daquel aquel fermosísimo legado e que se subiron o carro dos triunfos mundanos  e da soberbia displicente.. Cecais esqueceron a homildade daqueleas curiñas. ¡Mágoa deles! O noso respeto o seu pensamento sempre estará aí. A libertade non ten carreiros porque simplemente voa.

 

E chegado iste momento cómpre rematar istes catro artigos con unha reflexión que coido  levamos feito todos: ¿ valeu a pena pasar polo seminario? Eu vou a ser rotundo: A MÍN SI.  E aínda sendo folgazán, rebello e outras madias que poda ter, sempre me queda, non só algúns coñocementos, senón, e sobre todo, o manual de instruccións que unha persoa necesita para a vida: valores e principios. O resto sendo necesario, non deixa de ser palla funxible.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*