Félix Villares, académico de San Rosendo / Semblanza de Ángel Felpeto

Don Félix Villares Mouteira (1947) ha sido elegido miembro de la Real y Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, institución creada el 22 de noviembre de 2008 “con el objeto tender puentes entre Galicia y todas las grandes culturas europeas, teniendo como horizonte la herencia cultural y moral del Cristianismo”. La Academia adoptó el acuerdo, en sesión plenaria, el pasado día dos de diciembre en Casanova, una de sus sedes permanentes.

Investigador y guardián del patrimonio cultural

Con esta decisión, la institución presidida por Don Segundo Pérez López, ha querido reconocer – como señalaba el diario La Voz de Galicia- , sobre todo, dos aspectos de los muchos que destacan en la incansable labor cultural del canónigo y canciller de la curia diocesana de Mondoñedo-Ferrol: su trabajo como director del archivo de la catedral de Mondoñedo -cargo en el que tuvo como predecesor a Enrique Cal Pardo- y su constante reivindicación y estudio de la obra de los poetas del Seminario de Santa Catalina, de cuyas aulas salieron, entre otros muchos escritores, cuatro a los que ya se les ha dedicado un Día das Letras (Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesia Alvariño y Díaz Castro).

Villares, que fue vicario general durante años, ha llevado a cabo también una importantísima labor en el ámbito de la protección del patrimonio artístico de unas tierras, las de la Galicia del norte -las de la diócesis ferrolano-mindoniense-, que poseen un extraordinario volumen de templos de magnífica arquitectura y de imaginería de gran valor, pero muy pocos medios para preservarlo. Félix encarna además, de manera decidida, el espíritu de esa diócesis. Y así, sin dejar de atender él mismo su parroquia natal, San Martiño de Belesar, en la Terra Chá, pasa los días, infatigable, entre su despacho de la Domus ferrolana -la sede del obispado- y las salas que albergan ese extraordinario tesoro que es el archivo mindoniense. No hay rincón de las 422 parroquias diocesanas que él no conozca perfectamente.

Párroco y divulgador

En efecto, el nuevo académico de San Rosendo asume la ardua tarea de pilotar los dos principales archivos diocesanos además de la formidable Biblioteca del Seminario que reúne más de 30.000 volúmenes, entre ellos varios incunables y manuscritos medievales. Es, además, canónigo y delegado de Patrimonio de la diócesis,   miembro del Consejo de Redacción del anuario Estudios Mindonienses y dirige el Boletín Oficial de la diócesis y la revista cultural Amencer. Ejerce también su misión   pastoral como párroco de San Martiño de Belesar, Santa María de Soexo y San Martín de Distriz, en el municipio de Vilalba.

Labor de la Academia San Rosendo

La Academia se configura como una institución interdisciplinar, enriquecida por la presencia de destacadas personales, en su mayor parte integradas en del mundo universitario gallego. Tan sólo seis académicos son miembros de la Iglesia. La Academia dita la revista Rudesindus como medio de comunicación externa. Contempla, entre otras actividades, la organización de conferencias, coloquios, cursos, recitales o exposiciones, así como en conmemoraciones o centenarios de personajes y hechos relevantes tanto de carácter universal como particular.

[]Su sede física, establecida el 28 de febrero de 2009, coincidiendo con el aniversario del fallecimiento de Álvaro Cunqueiro, está ubicada en un ala recién restaurada del Palacio Episcopal mindoniense.

 

Orgullo e pertenza

Por Ángel Felpeto Enríquez

A noticia do nomeamento de Félix Villares como académico de San Rosendo volveume inmediatamente á adolescencia. Aínda que a distancia entre a miña parroquia de nacenza, San Xoán de Alba, e a súa, Belesar, era, como dicía o meu avó, de menos dunha legua, o noso encontro produciuse por vez primeira no seminario. Félix era do ano anterior á miña promoción. Entre as nosas familias había relación de parentesco, pois o meu avó paterno compartía con eles o seu segundo apelido, Mouteira, pero sobre todo existían entre as nosas familias vencellos de amizade que os nosos maiores coidaban con esmero.

José de Fontao

Recordarei sempre a figura de José de Fontao, o seu pai, un home bo e afable, un gran traballador e conversador infatigable. Foi, xunto ao seu compañeiro Gerardo, copropietario da malladora que percorría as airas da contorna durante o mes de agosto, sen descanso para eles, que comían mentres dúas parellas de vacas facían a traslado do motor e da degraedora a un novo destino. E descansar… cando o corpo non puidese aguantar máis. Durmían na casa da última malla do día, ou na primeira do día seguinte. E ás 6 da mañá, á primeira luzada, José daba unhas voltas de manivela e arrincaba o motor como advertencia de que comezaba a xornada. Se nalgunha ocasión remataban antes do previsto, collía a súa bicicleta para ver á familia e resolver algún problema na casa. E así, dous longos meses. Cando o vexo lembramos aqueles tempos difíciles pero entrañables. José, próximo ao centenario, conserva toda a claridade e mantén vivo cada detalle nos faiados da memoria.

Son recordos da infancia que traio aquí para referirme a ese «orgullo de pertenza»; estou seguro de que Félix concorda con esta avaliación.

No Seminario

E con once, doce anos, estamos no seminario. Alí, os máis novos buscabamos ao «irmán maior» que nos orientaría academicamente e no desenvolvemento da vida diaria nos primeiros momentos. E cada un de nós procuraba ao veciño máis próximo, ao familiar e, en todo caso, a quen nos acollía sen recordarnos cada día que era un «veterano» e nós uns «pipiolos».

Uniunos unha figura moi querida por todos e que ás veces aínda sinto coma se estivese guiando cada un dos meus pasos: D. Jaime Cabot. Dedicamos moitas horas a colaborar con el na súa «Beca parroquial».

Féliz, precoz editor

Ao mesmo tempo naceu, por iniciativa de Félix, «Palestra», un xornal mural semanal que compoñíamos todas as semanas con recortes de prensa, colaboracións e algún recuncho ocasional para o humor. E despois «Trapecio». Non sei como, pero Félix xa tiña a capacidade de contactar con xente como Alonso Montero e obter a súa colaboración para a revista. Cantas noites pedíamos permiso para permanecermos unhas horas máis, coa máquina de escribir botando fume, a preparar o número a tempo!

Non vou facer aquí referencia algunha ao seu currículo de investigador, ou ao seu traballo docente ou pastoral, ou aos seus esforzos por recuperar e preservar o patrimonio. É coñecido por todos, e así o xustifica o seu nomeamento como académico da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo. Estas liñas son de lembranza, de afecto e de felicitación.

Entrega á diocese

Por riba de todo creo que, malia ás súas responsabilidades na diocese e na Catedral de Mondoñedo, o feito de seguir coidando a súa parroquia de Belesar e outras dos arredores, sen perder día algún a cita con seu pai, é para min o seu maior mérito.

Só me referirei a algunhas cousas que probablemente non sexan tan coñecidas, pero que teñen como valor seguir colaborando e promovendo todo o relacionado coa lingua, coa literatura e coa cultura galegas.

Félix é membro dos xurados dos Certames Literarios Xosé Mª Díaz Jácome (convocado polo concello de Mondoñedo) e Benjamín Paz (convocado polo CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba)

Importancia da revista Amencer

Aínda que Trapecio desaparece co peche do Seminario Maior, penso que para Félix nunca esmoreceu e rematou por reencarnarse en Amencer, que tivo desde o núm. 1 unha enorme importancia no eido etnográfico e literario:

  1. a) A lingua galega como idioma vehicular da publicación.
  2. b) Dende 1982 foron recollidos nela textos inéditos de Manuel María, Xosé Mª Díaz Castro, Álvaro Cunqueiro, Crecente Vega e outras figuras notábeis do parnaso do noso pasado histórico-literario.
  3. c) Cómpre resaltar o inmenso traballo de recuperación de textos de literatura popular ou literatura de tradición oral (cantigas, contos, refráns, adiviñas, ditos, sentenzas…)
  4. d) A publicación contou na súa traxectoria con importantes sinaturas: Xesús Alonso Montero, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Uxío García Amor, Ramón Villares, Xosé Luís Novo Cazón, Xulio Valcárcel, Ramón Reimunde…

Mais neste e noutros aspectos, o máis importante é que o noso amigo non perdeu os azos da súa militancia diaria a prol dun futuro máis xusto e solidario.

Este grupo de “Madrimindonienses, mentres sentimos o noso orgullo de pertenza, felicitamos a Félix e felicitámonos de que un dos nosos sexa recoñecido por unha institución con vocación de tender pontes entre Galicia e as grandes culturas europeas.

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*