Por Francisco J. Ramil Acebo (*)
Os que nos anos 50 do pasado século podemos facer a escola primaria nos “Hermanos” de Ribadeo, sempre lles recordaremos ós nosos netos que en Porcillán conocíamos antes Saint-Malo que Paris.
Imos ver cómo o proxeito educativo de Jean Marie de la Mennais chegou a Mariña un século despois da teima compulsiva con a que naceron ás numerosas escolas rurales que se implantaron na convulsa Bretaña do século XIX.
Os irmáns Jean Marie e Feli de Lamennais
Os dous irmans, Jean Marie e Feli, tiñan nove e sete anos cando estrolou en 1789 a Revolución Francesa e eran fillos dun importante armador de Sait-Malo, Pierre-Louis Robert de Lamennais, e de Gratienne Lorin, filla dunha familia de maxistrados, e foi ela quen os impulsou para que entraran na carreira eclesiástica, no momento en os curas podían reaparecer sin riscar a ser guillotinados.
A Igresia prepárase entón para levantarse das sus ruinas construíndo escolas e seminarios e defendendo os seus clérigos sen que tuveran que fuxir, perseguidos, o exilio.
En 1804 Jean Marie et Feli instálanse no Pazo de La Chesnaie, perto de Sait-Malo, propiedade do seu tio Robert de Sandrais, onde Jean Marie completa a sua formación que o vai a levalo a consagrarse como cura.
Feli nese momento ocupábase, con pouco interés, de asuntos contables dos negocios marítimos de seu pai.
En defensa do Papa
A partir de 1805 estrola o conflicto entre o emperador e o papa, pois o concordato asinado por Pio VII e Napoleón permitía que éste nomease ós bispos xurándo fidelidade ó goberno.
Contra o galicanismo da iglesia oficial, Jean e Feli manteñen posicións ultramundanas en defensa do Papa contra os bispos achegados o poder .
Mais cando as tornas cambian entre 1815 a 1830 (Restauración de Louis XVIII e Carlos X), o anticlericalismo desvélase acusando o poder de permitir a intromisión dos curas na Universidade e na escola secundaria e de abandonar a escola primaria.
1819: escolas para nenos do povo
É neste contesto político cando Jean Marie de la Mennais dende Sain-Brieu e Gabriel Deshayes dende Auray acordan en 1819 fundar en Bretaña escolas o servicio dos nenos do povo.
Esta rede de escolas teñen un éxito fulgurante, mais o enemigos dos Lamennais crean un movimiento anti-menesiano, acusando ós fundadores destas escolas porque eran gratuitas, porque seguían as ideas de Feli que era o promotor de textos antisistema e que este catolicismo social o que facía era pervertir as almas dos cativos.
Un certo número de eclesiásticos da diócesis de Rennes aconsellaban ou prohibían ós pais que os seus fillos se educaran en tales escolas perversas.
A prensa realista lexitimista, seguindo a certos bispos, acusaban os seus mestres de relaxar as as costumes e de ser portavoces das aspiracións republicanas dos povos nuha Europa casi monárquica completamente.
Durante o reinado de Louis-Philippe, Feli, con conocimento de Jean, publica Le Livre du Peuple (1837) que confirma o seu alonxamento da igrexia oficial e a sua conversión o socialismo, para promover a reforma social.
Os Menesianos salen da Bretaña
A partir de 1838 os Irmans Menesianos establécense lexos da Bretaña, pois o ministro da Marina encárgalles a organización da educación dos esclavos nas colonias francesas das Antillas e de África
En 1848 proclámase a II República, que decreta entón a abolición da esclavitude, antes da morte de Jean Marie e Feli de la Mennais, que feneceron en 1860, o primeir, e en 1854, o segundo.
Poucos anos despois, desaparece de novo o réxime republicano que tanto defendera Feli e instaurase o II Imperio de Napoleón III, que durou hastra a derrota de Francia en Sedan (1870) durante a guerra franco prusiana.
Tras a caída do II Imperio e a derrota da Comuna de Paris, a III República inicia en Francia (1877) unha forte corrente ideolóxica que defende o laicismo republicano poñendo en marcha unha férrea política anticlerical.
En 1881-1882 o goberno de Jules Ferry estableceu a enseñanza gratuita e obligatoria e a educación laica, sentando as bases da educación pública francesa, proceso ainda hoxe non fechado (escolas católicas, reformadas, xudeas e de confesión musulmana), para os promotores da laicidade, que denuncian a pouca paixón do Eliseo e das Administracións Públicas en xeral en cumplir a Lei de 1905 de Separación da Igrexia do Estado.
Entrada en España: Foz, Ribadeo
Este proceso de laicización do persoal das escolas públicas, que separa ós relixiosos das funcións de enseñantes para emancipar a escola de toda tutela relixiosa, crea un desacougo nos “Hermanos de La Mennais”, quenes cedo implantan colexios en España, para así aliviar as carencias de escola pública en España que sempre tuvo hastra ven iniciada segunda mitade do século XX.
Unha vez pasado o Bidasoa, as familias francesas atopan escolas menesianas en Portugalete, en Aguilar de Campoo, Nanclares de la Oca, Reinosa, Santo Domingo de la Calzada, Foz e Ribadeo, con Enrique López Galuá.
A sua chegada a Ribadeo, a mediados dos cuarenta, coincide no tempo ca destrucción nun 80 % da Cidade de Saint Malo polos bombadeos aliados que arrasaron unha cidade perdida por fogo amigo, logo que os alemanes non estaban atrincherados intramuros senon no ensanche.
Memoria de Saint Malo
O 12 de febrero de 1946, o Consello Municipal aprobou o plan para reconstruir con fidelidade a cidade de Saint Malo para que se parezca o mais posibel a como era antes da guerra.
Sobreviviron os bombardeos as portas do Século XV mais a magnífica Catedral de reconstituirse, salvado o cálido sonido do seu órgano.
A casa de Chateaubriand quedou daquela intacta posiblemente polo embruxo das suas Memorias de Ultratumba, con as que dicen Otero Pedrallo finou co libro aberto.
A carón da catedral un pouco mais o norte, colocouse a Grand Place des Freres Lamennais onde son apreciados os seus salons de the, perto da Illa do Grand Bé, lugar da sepultura do ilustre Chateaubriant.
Estas son as imprensións que trouxo, emocionado polo cordial trato (Frêre Auguste) que recibiu na Cidade de Saint-Malo, un antiguo alumno dos anos 50 nos Hermanos de Lamennais.
(*) Francisco J. Ramil Acebo nació en Ribadeo en 1946. Fue alumno del Seminario de Mondoñedo. Licenciado en Teología por la Universidad Gregoriana de Roma y Doctor en Letras por la Universidad Paul Valéryde Montpellier. De regreso a España, se licenció en Derecho y, desde hace casi veinte años, ejerce como abogado en Pontevedra.
Dejar una contestacion