Xuntanza 2017, un gratificante reencontro

(Para os compañeiros  da Comisión Organizadora)

Por  Ricardo Timiraos Castro

O vindeiro 13 de Octubro, na cidade de Mondoñedo,  vaise  celebrar (D. m) unha nova xuntanza  xeral dos  ex –seminaristas, que estará presidida polo Sr. Obispo,  monseñor De las Heras. Os actos comenzarán ás doce da mañá có recibimento, por parte da Comisión Organizadora, na porta do Seminario dos participantes.  Seguidamente, ás doce e media, guiados polo amigo e ex -compañeiro D. Félix Villares Mouteira, responsable da magnífica biblioteca da Institución, expricaranos a súa importancia e o alto valor cultural que amosa. A unha e media haberá misa concelebrada presidida polo Sr. Obispo. Seguidamente  celebrarase o xantar. Os participantes deberán ingresar na conta: ES06 2080 5604 6330 4001 3381 a cantidade de 40 euros* (Trinta do xantar e 10 da páxina web) Imprescindible o nome do asistente e  acompañantes, si os hai, e a referencia “ xuntanza 13 –O”.

A Xuntanza do 2015

Dito isto de carácter informativo, cómpre salientar a magnífica idea que tiveron os organizadores cando, xa fai dous anos,  souperon acollernos a tantos e tantos, que facía cinco o seis decenas de anos que non nos víamos,  e que nos espallamos pola vida sen saber, na maioría dos casos, uns dos outros. Resulta curioso, e cecais inexplicable, que sendo, en moitos casos,  amigos, perdéramos  un contacto tan fermoso . Aquela xuntanza, co gallo da celeración do catrocentos cincuenta anos da fundación do Seminario, resultou extremadamente corta e só foi un fugaz e moi  feliz  saúdo, pero que abreu portas como ás xuntanzas estivais, esta mesma e outra vindeiras.

 A páxina Web, una fiestra

Co gallo da mesma, abreuse unha páxina web para dar novas da organización e coma palestra das nosa inquedanzas. Unha  fiestra   para que cada quen poida amosar as súas vivencias e escribir o que considere oportuno na idea  que encaixe co espitu que a inspirou. Al menos así a entendo eu. Unha páxina web na que colaboramos algúns, poucos, e que precisa a colaboración de todos. Cónstanos que máis dun escribe cousas, mellores ou peores, eso é cousa do lector, e que deberan compartirse en vez de deixalas no caixón coa esperanza de que os netos as decubran. E ¿Si se perden? E ¿Se agochan algún xenio coma os que deu Mondoñedo?  E  hai moita xente interesante e bós escritores ¿Verdade, D. Uxio García Amor? Ata fai pouco non lín os seus fermosos poemas á Virxen e ata as lembranzas dos amigos.   Il foi, de moitos de nós,  o noso primeiro Mestre  de Literatura. Non repare moito nos meus escritos, D. Uxío, que ben sabe que son rebello.

Memoria recobrada

Á raíz daquela xuntanza reestablecéronse lazos e soupemos cousas uns dos outros que a maioría das veces son ledas.  Sin ir máis lonxe onte pasamos un día inesquecible con Toñito Maciñeira e a súa dona Lourdes. E rímos recordando os tempos idos cá Voz do Valadoro, Pepe Pardeiro. Despois do Seminario fumos compañeiros en Santiago. Cousas da vida diría Castelao.

Certamente  outras noticias non foron tan ledas, moi ó contrario,  mortes ou enfermedades, deixáronnos bágoas, a xeito de oración, nas  nosas ialmas, porque isas mágoas son colectivas. Persoalmente case logrei que os meus ollos xa non choren.

E como os vieros, designios de Deus, dicían entón, son inescrutables, pois camiñamos pola vida cada un ó seu xeito. Moitos de nós  procuramos o caiado de Cristo, aínda que eu  lonxe daquelas filosofías do nacional catolicismo, que hoxe detesto. O vello problema de misturar relixión e política. Non embargantes, conocedor de certo inmovilismo por parte dalgúns do nosos  compañeiros, sigo o meu camiño respetando, que non compartindo, o seu xeito e vivir.

Recordo dos profesores

Pero non quero finalizar este artigo sen recordar con moito cariño a aquela persoas, como foron os nosos profesores i educadores, que con tanto cariño puxeron -no meu caso intentarono (os meus compañeiros saben que era mal estudiante) –  nos nosos miolos tanto coñocimentos e, sobre todo, tan fondosos principios e que hoxe son tan importantes para a vida. Eles son os verdadeiros espellos nos que tivemos que inspirarnos aqueles que nos adicamos ó ensino. Mágoa da saber que morreron a maioría diles no asilo do Seminario sen reparar por parte de  moitos de nós na deuda afectiva merecedora de tanto esforzo e agarimo.

Persoalmente, aínda non volvín a Mondoñedo desde o pasamento de D. Enrique Cal Pardo. Il, xunto con D. Pepe e  Félix Villares,  simbolizaban e aínda o fan, os nos que me apreixoan con un Seminario que tanto quero… e o que tanto debo.

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*