Anxos de Lourenzá (II) (“Pipiolos” en Mondoñedo)

A Don  Pepe, corazón que me cingue con aqueles mestres e compañeiros no Seminario  de Mondoñedo, con verdadeira gratitude e agarimo.   

Por Ricardo Timiraos Castro (1)

Escribía no capitulo anterior que en Lourenzá éramos uns nenos soñadores ó servicio de Cristo. Iso, ao menos era có que soñábamos moitos; outros, non embargantes, eran cativos coa ilusión de librar do sacho ou do mar, que viña sendo o futuro da súa xeneración en familias homildes. Cecais outro terceiro grupo, aceptara o Seminario como o colexio barato onde estudar un bachelerato  ou algo máis. Cada un saberá os motivos do seu ingreso.

O certo  que alí andábamos todos misturados, con capacidade grande de sacrificio, pero dispostos a aceptar aquel réximen disciplinario, cuasi carcelario, aprendendo latín e outras materias propias do futuro cura.

O Seminario de Lourenzá.-A vida era, non só moi regrada, senón tamén moi monótona. Madrugar, estudar, xogar un pouco e comer, según un calendario repetido. Só variaba algo os festivos o que implicaba cambera de roupa e saír de paseo polo monte.

Conta moi ben e con moito detalle o compañeiro Xermán Chao Falcón -saga de excelente familia- cousas que a mín se me escapan, quizás polo tempo e tamén porque a percepción das cousas é sempre moi persoal.

Difteria no Seminario.-Por exemplo, escribía eu no artigo anterior que me impactara moito a morte de Casabella  en Lourenzá. Dormíamos no primeiro andar, subindo pola entrada do mosteiro a dereita, case enfrente das dependencias de D. Xosé María Puente. Pois ben, alí abundaban os ratos e   a mín comíanme todo-los petos do gardapolvos, sempre con codas de pan, que básicamente era o meu alimento.

Como queira que fixen participe do artigo anterior ó meu amigo Mero, compañeiro de Maxisterio, músico de “Fuxan os Ventos” e agora ialma , tamén con Mini, da “Quenlla”, casualidades da vida,  fixeron  que repara no apelido e lle preguntara o outro gran cantante e músico Miro Casabella  se o coñocía. Respostoulle que aquela morte o marcara, porque viña sendo primo carnal dil. Para mín, a palabra difteria quedara grabada no corazón e,  sen embargo, Miro chamáballe “garrotillo”. A cuestión ven sendo a mesma: morte  por miseria, que ó dicir da wikidia, a bacteria en cuestión ten que ver coas condicións sanitarias do medio. Sei que era unha enfermedade moi perigrosa e máxime naquel convento recilicrado Sempre pensei que, igoal que lle tocou a Ramiro Casabella aquela fatal lotería, podía tocarnos a calquera de nós. De feito, recordo que marchamos para a casa, aínda que non sei por canto tempo.

 Sopa de cebola.-Falaba de percepción das cousas. Pois ben, haberá quen non recorde a sopa de cebola, pero se algún martirio sufrín en Lourenzá, ise era a sopa. Ata algúns me chamaban “Sopas”. O mesmo me pasa cando oio falar de isto ou aquelo. Por exemplo, hai unha admiración enorme nos compañeiros maiores por D. Dino. Pois ben, certamente parceme un gran home polo que lín dil, pero non o coñocín, ou al menos non me decato. Nin dil, nin de D. Darío, nin outros. De D. Honorio, non embargantes,  coñocín ata a súa irmá. Por iso vou a falar mais adiante, o que me fixeron sentir cada persoa coa que convivín.

O impacto de Mondoñedo.-Agora contareilles o que supuxo para mín o paso a Mondoñedo. Mondoñedo era a cidade e, sen ser  grande,  pequena era e sigue a ser, tiña moita máis vida que ten hoxe. Alí estaba toda gran parte da curia diocesana ó servicio da Catedral, frontispicio da Plaza Maior da cidade, e ó  seu carón o palacete onde  vivía o señor  obispo,  alí onde tempo atráis fora axusticiado  Pardo de Cela. Pola parte postrerior, diante dunha ampla e longa praza, estaba o Seminario, onde a curia en cuestión traballaba na nosa formación. Tempos de  traballo gratuito e sen seguridade social para aqueles curiñas.  Durante moitos anos sentín hacia aquele homes unha fondosa gratitude e preocupoume a súa  vellez porque coidaba que era unha obriga nosa que tivesen un retiro con decencia. Cando soupen que gozaban dunha residencia e coidados, sentinme máis liberado.

A cidade, un mar de cantería.-Mondoñedo é unha cidade sen tempo, cecais, camiñe  sen presa,  co reloxo a piques de varar. A neboa ou a choiva, xogaban por entón o cambeo de garda, e o sol, que dín existía , cecais deixaba caer unha raiola á primeiras horas do serán. A Paula, ese xigante de bronce saído das Terras de Miranda e que se ergue no curuto da catedral, é folgazana. A mais moi sibarita. Só traballa días señalados. Mondoñedo ten o ar máxico dos soños, e ven sendo un mar de cantería onde os magos beben no pozo do maxín. Ali, silandeiro, cal mestre de ceremonias,  ollando  as flores do Alén,    apreixoando  os anceios dos homes e a vida, hoxe   surxe con orgullo o seu fillo Cunquiero.

Mindonienses lembrados.-Mondoñedo é a patria de Leiras Pulpeiro, Noriega, Pascual Veiga, Lence Santar, o Dr. Cabanela ( pai e fillo), o virólogo Eirós Bouza, Mauro Leivas, Marina Mayoral, Antonio Reigosa, Armando Requeixo e o noso compañeiro Antonio Meilán. Alí fixeron país os artistas  Vizoso, Puchades, Artega… e  a persoa  máis  querido polos seminaristas, o  noso  particular “ santo”  profesor  D. Jaime Cabot.

Alí foi onde Merlín falou conmigo e me confesou  que os seus devanceiros eran de Cabanas, no Vicedo.  Aquela é a terra onde o pan sabe a pan e un recorda que existeu.  Mondoñedo é unha fraga de silenzo en oración a unha Virxen dos Remedios tan afamada como amorosa  dos necesitados. Mondoñedo presume de alameda, parada e fonda de romeiros que acuden vela Santiña e as súas feiras e festas e as incomparables san Lucas.

O arte do silencio.-O resto do ano Mondoñedo é hoxe  arte do silenzo soñando por vieros solidarios, apreixoan vellliñas e curiñas en procesión.. Por entón, gozaba de outras comodidades vilegas coma médicos, hospital ( famoso o de Cabanela), non sei cantas panaderías (riquísimo o pan de Mondoñedo), bancos, bares, comercios, supoño que restaurntes, afamadas feiras e isas cousas que vía ó poasa-lo Masma.

Alí xa estaba o noso futuro ata rematar a carreira, aínda que a viramos lonxe,  non o vello mosteiro de Lourenzá.  Non, que naide se ofenda, pois  Vilanova  e a igrexa de Lourenzá  eran moi fermosas,  e da pouca  xente que coñocimos estou moi agradecido. Mondoñedo tiña un seminario moi moderno con relación ó vello mosteiro que rematábamos de deixar.

Instalacións e actividades.- Os primeiros cursos estábamos na parte nova, cunha capela que estaba do trinque; uns dormitorios e aulas con solo de terrazo, cunhas grandes salas que se limpaban ben e sempre estaban relucintes, cunhas aulas que nada tiñan que envidiar a calquer instituto de entón. Aquelas instalacións eran máis amplas, coa sensación de maior libertade, e gozábamos de campos de deportes para fútbol, baloncesto, voleibol, ping, futbolín, vestuarios, camisetas de fútbol…Ata compartíamos có maior un salón de actos ou teatro. Tamén disfrutábamos con súas liga de fútbol  e equipos organizados. Ata disputábamos partidos de selección contra os maiores, que sempre se deixaban gañar para ledicia dos máis novos e incautos.

Se aquil cambeo fora para moito mellor, nós,  xa Pipiolos de Mondoñedo, usábamos sotana e iso daba unha distinción que moitos rapaces da nosa idade quixeran para sí. Gañábamos moita consideración social e  ata usábamos beca e bonete para festexar as nosas celebracións.

NO COMEDOR DE LOURENZÁ

Os profesores

As crases eran impartidas por curas excelentemente formados coma:

  1. Uxío García Amor por entón profesor de Literatura. Hoxe poeta e músico de recoñocido prestixio. Prelado do Papa, Chairego de Honra… O Correo Galego connsiderouno Como o “ sacerdote más egregio de Galicia” ( 24/ 11/ 2012) O seu labor é  extensísimo.
  2. Ricardo Pena Domínguez, profesor de Historia, quen despois foi párroco dos Remedios e primeiro cronista oficial de Burela. Escribeu “ Burela. Apunte históricos y crónica de siglo XX”
  3. José García Cascudo, profesor de Ciencias ou Física. Non recordo ben. Soupemos despois que publicou naqueles tempos “ Nociones de agricultura”, Nociones de  Anatomía “ e “ Nociones de Fisiología e Higiene”. O noso compañeiro Félix Villares Mouteira recolle, no seu  magnífico  libro “ Un alpendre de sombras e luar “, algunhas das súas poesías.
  4. Edelmiro Bascuas López profesor de Francés e Grego. Xa secularizado traballou como catedrático en Valencia e  a Coruña. Lingüista e teólogo ten unha ampla traiectoria como autor de libros e artigos do seu labor.
  5. Jaime Cabot Bujosa, profesor de Matemáticas. Cecais o seu traballo como profesor quede solapado pola súa enseñanza de amor ós necesitados e as súas virtudes como organista. Hoxe é, para moitos de nós, un home que merece a consideración de santo. Fama que se extende polo entorno de Mondoñedo e nas persoas que o coñocímos persoalmente. Coido que algún intento houbo de pedi-la súa beatificación. O meu voto, tenno.

Non recordo que nos daban as outras clases. Só sei  que D. Honorio deume relixión por anécdotas persoais, Teño unha moi vaga idea de que D. Francisco Fanego tiña moita sona co latín, e que era moi maior, o que a algúns servialles para tirar unha bufanda ou cousas parellas para montar barullo.

Quen nos dese latín non faltaba, pois o acabar  o menor podíamos falar nil. Non embargantes, o francés e o grego comenzábase en quinto. Salimos ben formados en humanidades, e de feito nelas non tiñamos problemas nos posteriores estudos, máis en ciencias, a maioría, íamos floxos.

Alí tamén viñan a darnos crases de música, ou algunhas outras, alumnos do maior, xa a piques de rematar a carreira. Eran xente moi disposta para o ensino e con ganas de facer boas migas con nós.   Bernardo García Cendán, Hixinio Rodríguez López… facianos reir Carballo coa súa maxia nas festas e o seu movemento dos dedos que era moi simpático.

Os preceptores

Pero quenes estaban todo o día con nós eran os preceptores:

  1. D. Pepe xa estivera en Lourenzá con nós. Gozaba fama de ser o cura máis novo e que lograra a ordenación porque era moi intelixente. A dedicartoria diste artigo é para il porque supón o meu vencello co Seminario. D. Pepe sigue aí, sempre disposto para o que necesitemos, co amplo sorriso e a bonhomía que sempre amosou. Querémonos moito e sei que disfruta cos éxitos de cada un de nós. Os meus, Meu bó D. Pepe, son entrecomillados, porque só son fes de vida.
  2. D. Honorio tamén estivera en Lourenzá. Falaba o castelán co acento do seu Aranda del Duero e gostaba moito de xogar con nós o fútbol. Deixo para outra ocasión a lesión dun ollo que fora grave. Era un bó home, e mantiven con il unha relación persoal moi mais forte que con ningún. Cecais fose que eu era moi trasto e a il facía descreelo. Non facía carreira de mín nin castigándome sen xugar ó futbol unha semana, nin nada parecido. Eu sabía que cando me chamaba ó seu despacho era o preparatorio para a bronca e despois perdoarme os castigos. Pasados os anos, soupen que estivera tempo en Ribadeo de coadxutor.
  3. D. Manuel Roca Ferreiro era un educador moi intelixente, a máis sempre podía botarche unha labazada sonora, que che facía entrar en razón. Sempre me fixei que, cando me miraba por riba das gafas cun sorriso, xa o entendía… e estudaba. Curiosamente, cós anos foi párroco de Galdo ( Viveiro), onde tempo despois me casou D. Enrique Cal Pardo. Pois ben, os meus estudos de Antoloxia e Filosofía de Maxisterio, xa con dazaoito anos, débenlle a D. Manuel moita gratitude.

4. D. Ángel  Paz Gómez, era outro sorrinte educador. Tamén con fama de moi intelixente. Non recordo nada especial do Seminario, pero sí a súa bondade. Nos primeiros dos anos sestenta, organizando as festas de Viveiro, atopeino, camiño da súa Irixoa natal, sendo il Vicario da diócese, e pedinlle unha misa polos emigrantes para aqueles días. Dito e feito. Portouse conmigo estupendamente. Xa moito mais recentemente, tamén lle solicitei  axilizar os estatutos  da Cofradía do Nazareno dos de Fóra de Viveiro e il os desatascou. Grazas, D. Ánxel,  sei que tamén está  cos seus homónimos.

(Continuará …)

(1) Ricardo Timiraos Castro. Maestro Nacional. Articulista e colaborador de Prensa

3 comentarios

  1. Cuando hablas de Mondoñedo te sale a relucir la vena poética. Lo llevas en el corazón. Como me gusta leer y sentir lo mismo que tú sientes

  2. Grazas, Moisés. Sintome moi agradecido a tí polo traballo feito con rapaces desfavorecidos no Santo Anxo. Non o sabía ata que te vn no País. O meu só son recordos

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*