Por Pedro Conde González (1)
Houbo no Seminario unha raza especial de seminaristas, os futboleiros, caracterizada, como o seu nome indica, pola súa afición ó deporte rei.
Esta afición tiña como principales catacterísticas as seguintes:
-Preferencia por un determinado equipo de primeira división, xeralmente At.Bilbao, FC Barcelona ou Real Madrid.
-Preocupación por coñecer os resultados e incidencias da xornada dominical, encargándolle a Casiano a Hoja del lunes e devorando furtivamente as páxinas deportivas.
– Intercambio das Vidas de futbolistas, que algúns privilexiados como Vidal Reigosa recibían das súas casas, escondidas nas bolsas da roupa e camufladas entre os chourizos e botes de Cola-Cao.
Os futboleiros non gozaban das simpatías dos superiores, pois éstes consideraban que tal afición era sinal inequívoca de falta de vocación, propia de mentes valeiras e disipadas, que, na hora da meditación, adicábanse a repasar mentalmente as alineacións dos seus equipos, e que adoraban becerros de ouro en forma de futbolistas.
Pero os futboleiros reivindicaron (reivindicamos) sempre a honra perdida, a medida que fomos madurando e librándonos de ataduras condicionantes.
Lembro que xa Pampín, compañeiro inseparable nas aulas, paseos e actividades deportivas dos anos 60 no Seminario menor, me comentaba orgulloso que os futboleiros tiñamos máis cultura que o resto de compañeiros, polo menos cultura xeográfica, pois poucos sabarían situar no mapa a cidade de Groningen, mentras que nós sabiamos que estaba en Holanda, xa que o noso Barsa fora xogar alí un partido da Copa de Europa.
A situación mellorou un pouquiño coa chagada de Don Honorio, entusiasta do At.Bilbao, que nos permitía ler o Correo Español-El Pueblo Vasco, para ledicia de Xulio Leal e dos forofos do equipo vasco.
En todo caso, os futboleiros eramos pacíficos, moi alonxados dos hoxendía desmáns dos ultras, aínda que en ocasións xurdían brotes de violencia, como a sonora bofetada que, no Hogar do Seminario maior, lle propinou Taracido a Pena Seijas, cando éste celebróu un gol do Madrid na Copa de Europa, que xa podiamos ver por TV.
Habería que deixarlle a Don Digno que explicara as razóns sociolóxicas que propiciaban a formación da raza dos futboleiros, pero no cabe dúbida que tal afición xa escomenzaba en Vilanova de Lourenzá: alí xa tiñamos ídolos futbolísticos, entre eles Friol eLeonardo, que, con potentes punteirolos, enchían de pelotas a huesera, acadando o balón velocidades que superarían as que lle imprimían futbolistas tan potentes como Puskas ou Koemann.
Pero foi realmente en Mondoñedo cando se consolidaron como ídolos definitivos personaxes como:
- Rafael Lombardero, famoso por un balonazo que lle metéu ó malogrado Ponciano, que, berrando de dor, amenazaba con acusalo ó rector.
- Mira Cotelo, cacique do área, que amedentraba a tódolos dianteiros que ousaban achegarse ós seus dominios.
- Andrés Suárez, fino centrocampista cedeirés, da escola do sudamericano Endériz-
- Domingo Barrera, o home-araña do Valadouro, do que xa se decïa que querIa fichalo o C.D.Lugo.
O momento culminante do orgasmo futbolístico foi a primeira victoria que o Seminario menor conseguíu fronte a Teoloxía, por 3-2, estando o equipo titular integrado por Pampín, Carballeda, Alfonso Pernas, Dopico, Suárez, Alvaro, Javier Pernas e Sixto, con Fran “Comillas” e Pedro Conde no banquiño de suplentes e Don Honorio adestrador.
Pero estas distracións futbolísticas non nos impediron dedicarnos a outros menesteres considerados máis culturáis, como eran ser membros da Escola, ou ter outra clase de ídolos, como Os Preukas, ou acudir á cita diaria para ver pasear á do can e admirar a beleza da cadela que a acompañaba.
Os futboleiros somos, xa que logo, xente culta, pacífica, encantadora… seguimos admirando as virtudes deportivas, pero esa afición non nos distrae, nin moito menos, senon que incluso nos aviva o interese por outros eidos do devenir humán, como diría Heráclito.
Nada resume mellor a nosa indosincrasia que aquela canción que inventara Rodrigo Pantín Ares: “Juego al ping-pong y al balón, yo con César soy un as, como el mäs yo traduzco a Cicerón…”, con ritmo de marcha militar-
Claro que, para cancións daquela época, ningunha tan popular como aquela de Okal:
O cal, o cal, o caldo das monxiñas sabe mal (bis)
Cando estaba Prieto Verdes, todo o mundo se queixaba,
era pouco o que daban e aquelo non chegaba;
pero agora, meus filliños, xca non queda que facer:
a tapar o cú i a boca para non poder comer…
(dedicada ó maiordomo Don Eulogio Carballido).
E, xa que me entrou a vena musical, non poido rematar sin lembrar a canción que Genaro Pérez adicou a Don Jesüs Blanco, con müsico do himno do Vaticano:
Las diez y diez es la hora que tú nos das,
las diez y diez tra-la-lá, la-lá, lalá.
Salve, salve Iesu, autor del funesto dómine
que expresas con voz tetrica,
que yo nunca olvidaré.
Vibren nuestros cänticos,
que mañana nos iremos
y por todos los rincones gritaremos
adiós magistral!
Claro que esto daría pé para outro artigo adicado á música mindoniense, no que non deberían faltar as referencias ó pulso que mantiñan na catedral o salmista Don José María Rguez. e o padre Betoño, con Don Antonio Seoane como terceiro en discordia actuando polo bajini, ou as serenatas que as rapazas da vila episcopal adicaban ó meu añorado amigo Antonio Pena o día de San antonio: “Ay Pena, penita, pena…”
Unicamente quero deixar eiquí un esbozo do tema, para demostrar que os futboleiros tamén tiñamos outras aficións, e penso que con estes argumentos, sacados da maáis pura Lógica de Don Perfecto, e perfectamente controlados coa Maremática de Don Jaime Cabot, queda demostrada tal aseveración. Pero, se algún lector aínda non quedou convencido, non me queda máis remedio que remitilo a obras tan importantes da literatura da época, como son a Agricultura de Don José Cascudo, o Florilegio latino, o Liber chori ou a Gramática sucinta da lingua alemana (que nada tiña que ver coa gramática parda da que falaba Don José María Puente ou Don Cesar ou Don Francisco Ron.)
(1) Pedro Conde González. San Pedro-Vilaboa (A Pontenova, Lugo), 1946. Doctor en Teología, licenciado en Derecho, funcionario del Cuerpo Técnico de Hacienda, exjefe regional de Inspección de la Delegación de la AEAT en Vigo. Jubilado en 2018. Reside en Vigo.
Gracias a la privilegiada memoria y al claro decir de Pedro Conde, revivimos nombres, lugares y momentos que son parte íntima de cada uno de nosotros. Gracias, Pedro