Don José María Fernández: cultura e deporte

Por Pedro Conde González (*)

 

Dende que xurdiu a idea de homenaxear ó Seminario de Mondoñedo e de crear una páxina para poñer en común as vivencias dos que por alí pasamos, sentín a necesidade (por non decir a obriga) de adicar unhas liñas á memoria do que, para a gran maioría dos compañeiros que sigo a tratar, foi un pilar importante na ben ponderada formación que recibimos no Seminario Menor de Mondoñedo.

Estou a referirme ó profesor e prefecto de disciplina Don José María Fernández, que soupo compaxinar a rigurosidade propia de unha formación cristiana, dirixida a futuros clérigos, con unha loable apertura de mente para darse conta de que era necesario fomentar valores que serviran para a vida.

 

O deporte

Non era D. José María precisamente (ou, cando menos, non aparentaba) un deportista, ainda que Antonio López Díaz acaba de lembrar que lle gustaba a pesca no río. Pero tiña moi claro que os xóvenes seminaristas tiñamos que practicar deporte: “mens sana in corpore sano” foi a máxima que nos quedou grabada para sempre.

No Seminario Menor tiñamos á nosa disposición campos de fútbol, baloncesto e voleibol, mesas de ping-pong… e mesmo se habilitou un espazo para ximnasia, do que lembro unha espaldeira para poñerse en forma. Todo propiciado por un estusiasta D. José María.

Lembro con emoción as partidas de ping-pong, con auténticos mestres da raqueta, como Julián García Gesto, que pegaba poucos mates, pero devolvía cantas pelotas lle chegaban e, cómo non, o meu compañeiro de curso, o cedeirés Andrés Suárez Loureiro, o meu mestre e con quén cheguéi a disputar a final do campionato en quinto de latín (por suposto, gañóu él). Nas vacacións do verán en Ribadeo xogabamos Paco Ramil e máis eu na casa do coadxutor, D. José Yáñez Basanta e gañabamos a tódolos rapaces ribadenses.

Outro deporte destacado foi o voleibol (daquela sempre deciamos “balón-volea”): os partidos de liga eran auténticas loitas fratricidas. D. José María era espectador e animador habitual. Aquí tiñan vantaxe, lóxicamente, os máis altos: Bernardo Villares Carballido era un fenómeno.

Pero, claro, o fútbol era o deporte rei. Apaixoantes ligas de primeira, segunda e terceira división. Todos tiñamos que xogar (ou polo menos salir ó campo de fútbol, facendo acto de presencia, aínda que non tocásemos balón).

E aquí foi onde D. José María deu mostras de vivir cos tempos: acabouse iso de xogar con sotana ou roupa de rúa, encargóu calzóns e camisetas e os equipos chamábanse igual que os equipos do color que vestían. Lembro un equipo colorado, casi invencible, que se chamaba “Clube deportivo Ourense”, capitaneado polo meu amigo José Roca Ferreiro.

Aparte dos partidos de liga, había encontros Coruña-Lugo, Mar-Terra, copa zonal entre os representantes das diversas comarcas (Ferrol, Ortegal, Viveiro, Ferreira, Vilalba, Ribadeo, Mondoñedo…), amén dos partidos contra Filosofía e Teoloxía.

A miña memoria é limitada. Pero teño moitas lembranzas de todo isto, porque en quinto de latín fun o encargado de facer crónicas semanales dos partidos, que leía no refectorio, aparte de ser membro da xunta directiva. Máis de unha vez tiven problemas con algún compañeiro, porque non o destacaba na crónica.

Pero non remata aquí o tema deportivo: o baloncesto tamén foi “in crescendo”, habilitándose canastas no terreo anexo ó campo de fútbol. Neste caso, a chegada de D. Carlos Navarro foi decisiva no seu impulso, co meu compañeiro ferrolán Rodrigo Pantín Ares como xogador destacado.

Velaí cómo un crego humilde, pero atrevido, e diría que visionario, propiciou unha chea de actividades lúdicas, estou seguro que incluso con oposición de outros superiores máis conservadores. Todos canto disfrutamos da práctica do deporte estamos satisfeitos e agradecidos a D. José María.

 

A cultura

  1. José María era un apaixonado de todo aquelo que entendía beneficioso para os xóvenes, non solo no eido deportivo, senon tamén no mundo da cultura, entendida en sentido amplo.

Como profesor de latín, desvivíase por convencernos de que non era unha lingua morta, senon unha lingua nai de tódalas linguas, que nos iba coverter en homes cultos o dia de mañá. Unhos máis e outros menos, cantos compañeiros do Seminario teño a honra de seguir tratando seguen soltando aquelas frases e ditos en latín que aprendemos en Mondoñedo e que soan moi ben en lugares e momentos culturais. Estou seguro, cando menos, de que cantos estudiamos Dereito, agradecemos os coñecementos de latín e foinos de gran utilidade para  camiñar polos vericuetos “de lege data et de lege ferenda”.

Nos paseos dos xoves e domingos, D. José María levaba sempre unha carteira negra con unha selección de artículos de periódicos e revistas, para comentar as noticias máis destacadas.

Sentados na cima do Padornelo, tivemos a sorte de coñecer qué era iso da “guerra fría”, o capitalismo versus comunismo, as consecuencias da Guerra Mundial e da Guerra Civil; en definitiva, canto sucedía no mundo, máis aló dos muros do Seminario.

Naturalmente, a visión que tiña D. José María dos acontecementos era a do crego que falaba dende unha fe profunda, pero que non implicaba desprezo ou cerrazón, senon apertura a canto puidera supoñer enriquecemento cultural, porque “nihil humanum mihi alienum est”.

Teño na retina a imaxe apaixoada de D. José María subindo ó púlpito do refectorio para anunciarnos, emocionado, que J. F. Kennedy convertiase (nas eleccións do 1960) no primeiro presidente católico dos EEUU.

Aquel día non houbo lectura do habitual “Imitación de Cristo por Tomás de Kempis”. Don José María deunos o “benedicamus domino” para que houbera festa rachada.

 

Graciñas

Con estas liñas espontáneas e apresuradas, cumplo o desexo de facer público o meu agradecemento a D. José María. Síntome orgulloso da bonhomía do meu paisano da Mariña oriental, Na miña traxectoria profesional sempre estivo moi presente o seu espíritu deportivo (mesmo diría que a paixón deportiva) e un gratificante interés pola cultura. Cánto mellor nos iría hoxe con D. José María á fronte do Ministerio de cultura e deporte!!!

 

(*) Pedro Conde González. San Pedro, Vilaboa (A Pontenova, Lugo), 1946. Ingresó en Lorenzana en 1946. Licenciado en Teología en Salamanca, obtuvo el doctorado en la Universidad de Munich. Ordenado sacerdote en 1971, ejerció su ministerio en Ferrol. Ya en la vida civil, tras una breve etapa como administrativo y profesor, se licenció en derecho e ingresó por oposición en el Cuerpo Técnico de Hacienda. Fue delegado de la Agencia Tributaria en Pontevedra y Vigo y jefe regional der la Inspección.  Reside en Vigo.

 

 

 

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*