El pasado día 24 del presente mes de mayo, falleció en Santiago de Compostela nuestro antiguo compañero Ramón Irago Silva, a los 83 años. Natural de Moldes (Melide), había ingresado en el Seminario de Lorenzana en 1951 y se ordenó sacerdote en 1963. Durante los últimos quince años le acompañó el cáncer, enfermedad que afrontó con conmovedora entereza sin perder su ánimo siempre desprendido hacia sus amigos.
Quien lo ha conocido muy de cerca, ya desde el Seminario, su “hermano” David Corral, lo recuerda en esta semblanza a corazón abierto.
Por David Corral Díaz
“Bendí Ti ós meus”
Así manifestaba Ramón o seu desexo na curta despedida que nos deixou. Non podía ser doutra maneira poñer en primeiro lugar a familia, obxectivo prioritario no interese humanitario e apaixoado pola familia. Se era destacado o interese polas cousas do amigos nada que ver co seu nterese e dedicación á familia En primeiro lugar con Salina, a súa dona moi unidos en ideas, sentimentos e proxectos creativos. Convivencia moi estreita e próxima coas irmás, sobriños e sobriñas e o resto da familia, Ramón era na familia piar fundamental, referencia asidua e activa. O baleiro que queda entre eles só se pode encher coa lembranza agradecida e permanente polo desexo manifestado, Agora que non está con ele, “Bendí Ti ós meus”.
“Bendí a tantos amigos coma me deches”
E con esa mesma oración Así se despidía Ramón Irago agradecido a tantos amigos dos que puido gozar, amigos que eran froito da súa actitude de mirarte de fronte, escoitar, e interesars e polas túas cousas, sen presas en ton afable e sempre próximo e acolledor. Esta condición favorable a unha nova amizade proviña dunha persoa sinxela, prudente e con alta dose de humor na conversa e relación persoal. Pero o que eu sempre valorei da súa amizade era que estaba a todas tanto que fora para loanzas como para toques de atención ou afeo de conduta se de corrixir se trataba. Isto madura e afianza a verdadeira amizade. Ainda nos últimos días respondía ás chamadas interesándose polas cousas dos demais.
En san Xiao de Ferrol
El despois da etapa como secretario do bispo Argaya, pasou polas altas terras de Xestoso para recaer como coadxutor de Fernando Porta na Concatedral de san Xiao. Mais adiante con D. Amable compartimos tarefas pastorais na parroquia de san Xiao como coadxutores Irago, Antonio Pena e máis eu, atendendo ademais ao Hospital e ao Asilo. Foi unha etapa importante de consolidación da amizade. O labor calado e sen artificios de Ramón atraía e calaba profundamente na freguesía e na xente que o arrodeaba. Por se non hai un recoñecemento oficial dos seus servizos prestados temporalmente á Diocese sirvan estas dúas liñas para valorar o seu labor.
Cambio de vida
Fiel á súa conciencia decide en uso da súa propia liberdade tomar un tempo de reflexión ao tempo que inicia os estudos de maxisterio, ocasión que aproveita o bispo para cedelo durante un ano como capelán das Forzas Armadas con destino en San Fernando en virtude do Concordato para non ter que prescindir dun crego en activo. Despois virían as oposicións e o Maxisterio.
Ars longa, vita brevis
Dotado para a arte. Xa dera mostras da arte pictórica no seminario e nos anos posteriores, pero a dedicación mais intensa iníciase nos anos dedicados ao estudo de Maxisterio continuando nos anos de ensino. Ao longo destes anos realiza exposicións en varios centros culturais, a parte de agasallar con cadros e pinturas a amigos e para agradecer favores.Nos anos de xubilación dedicouse ademais á montaxe de vídeos con verdadeira mestría. As nosas xuntanzas anuais están perfectamente reflectidas, así como festas de Nadal, Pascua ou calquer efeméride notable, sen contar ilustracións para libros, felicitacións e anuncios de eventos.
Colexio Monte dos Postes
Despois de pasar por Portosín o seu destino como mestre estivo neste colexio de Santiago perto da zona dos Concheiros. Acceder a esre centro e camiñar entre muros exhibindo variada flora e fauna do país, elementos mitolóxicos e escenas simbólicas cargadas de vida e cor saídas da mente creativa de Ram.on, Quixo darlle a este labor unha proxección educativa recreando na realidade mitos e figuras representadas na pintura. Determinou que eu fixera o guión desta montaxe .Eliximos unhas quince escenas. Cada escena desenvolvíase en tres partes: exposición da pintura, simbolismo que lle atribuímos e breve representación real polos rapaces e rapazas. Por exemplo: unha escena de bosque conducía non só a falar da Natureza senón de lendas , mitos, contos, que os nenos reproducían e contaban, Unha ventá aberta simbolizaba as ilusións, aspiracións etc. A flor simbolizaba a beleza e tamén a vida sentimental etc. Un arlequín co seu soniquete entronizaba cada escena. Ramón non pretendía facer sabios senon persoas que souberan sacar, recoñecer e valorar as propìas capacidades. O seu recordo perdurará mentras nós o manteñamos vivo.
Versos de David Corral a su amigo Irago
Ramón se despide
Palabras conmovedoras enviafas por Ramón Irago a sus amigos más cercanos, días an tes de su tránsito:
Señor, gracias por crer sempre en Ti e por protexerme toda a vida. Bendí Ti ós meus e a tantos amigos coma me deches”.
Autobiografía de Ramón Irago
Blog de Ramón Irago (A miña pintura):
Qué fermoso obituario de David sobre Irago. Debido ás miñas ausencias na “diáspora”, non tiven a oportunidade de tratalo tan de cerca… Lamento a súa morte, pero disfroito do teu testemuño como amigo e compañeiro. Grazas, querido David. Unha aperta!!