Mondoñedo, 3 N.-Con un sencillo ritual no exento de solemnidad y simbolismo histórico, el canónigo D. Félix Villares Mouteira, hasta ahora secretario del cabildo de la catedral de Mondoñedo, ha tomado posesión esta tarde como nuevo deán-presidente de este órgano rector. El acto tuvo lugar ante el altar mayor de la basílica primada de la diócesis, presidida por el prelado de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos. Félix Villares sustituye en el cargo a D. a Pedro Díaz Fernández –actual rector del Santuario de Nuestra Señora de los Remedios, en Mondoñedo-, quien ostentó esta responsabilidad durante los diez últimos años.
El acto se inició a las cinco de la tarde ante el altar mayor de la catedral, con la lectura del nombramiento del nuevo Deán, seguida de la liturgia de profesión de fe por el titular ante el obispo y los canónigos. Seguidamente pronunció unas palabras Mons. García Cadiñanos para felicitar al nuevo deán y subrayar el significado del acto. Félix Villares agradeció con emotivas palabras la confianza en él depositada por sus compañeros del Cabildo así como el apoyo inestimable del obispo.
Los miembros del clero diocesano y demás invitados fueron obsequiados con un vino español en el refectorio del Mayor del Seminario.
Biografía de Félix Villares.-Nacido en Belesar 24.03.1947, ingresó en el Seminario de Vilanova de Lourenzá en septiembre de 1958 junto a otros 61 condiscípulos.
Ordenado en Belesar 28.07.1971.
Canónigo-Secretario de la S. I. Catedral-Basílica de Mondoñedo, Canciller-Secretario General, director del Archivo Diocesano y del Archivo Catedralicio, bibliotecario del Seminario de Mondoñedo, director del Boletín Oficial del Obispado.
Miembro del Colegio de Consultores, miembro designado del Consejo Presbiteral y
del consejo de redacción del anuario diocesano «Estudios Mindonienses».
Párroco de Belesar (San Martiño), Cazás (San Xiao), Codesido (San Martiño), Distriz (San Martiño), Gondaísque (Santa María), Soexo (Santa María) y Tardade (Santa María).
FÉLIX E JUANCHO, DÚAS LEDAS NOTICIAS
Por Ricardo Timiraos Castro
Don Antonio Rodríguez Basanta, Vicario Xeral da Diócesis e o moi benquerido colaborador dista web, comunícanos os nomeamentos realizados na nosa Diócesis, pendentes de ratificar polo Sr. Obispo, monseñor García Cadiñanos.
Félix Villares Mouteira, o noso compañeiro de curso naqueles anos de pipiolos de Lourenzá, é hoxe o flamante Deán catedralicio de Mondoñedo elexido polo Cabildo.
Para moitos de nós, nas nosas conversas o redor do Seminario, chega con dicir Félix, e todos sabemos que nos referimos a aquel pícaro de Belesar -vive na súa cerna- é non só o novo Deán, senón aquel benquerido compañeiro que comenzou desde moi novo a amosar a súas inquedanzas literarias – da súa mau naceu Trapecio, a revista do Seminario de Mondoñedo nos anos cincuenta, según contan os “memoriosos”-, e sigueu, anos máis tarde xa có novo alumnado, para ser a “alma máter” da revista Amencer, de formato modesto dada a precariedade de medios de semellante tarefa, pero de fondo contido e que, según din os estudosos, é unha das mellores revistas literarias de Galicia. Por ela pasaron figuras coma Cunqueiro, Díaz Castro, Alonso Montero.. e tamén foi a palestra para outros rapaces que, da mau de Félix, plasmaron os primeiros soños. Pero a máis, Félix editou os seus traballos literarios en libros coma O Santo Anxo da Penarredonda. Trescentos anos de devoción popular, Belesar ( San Martiño) -edificios, estructuras, etc Historia, San Martiño de Belesar. Memoria e futuro ( a aldea dos meus cariños). Velahí ise amor a Belesar do que falaba ó principio.
Referente da nosa literatura.-Hoxe Félix é un referente na nosa Literatura como amosa ben na súa andaina e reafirma os feitos como a publicación de Un alpendre de sombra e de luar (antoloxía dos poetas que pasaron polo Seminario de Mondoñedo) e máis recentemente Os poetas do Seminario de Mondoñedo, que ven recuncando no mesmo. A máis diso, Félix é conferenciante, colaborador de prensa e revistas varias. Velahí o traballo calado, constante, metódico, concienzudo… ó que se adica con fervor, non só na súa lóxica tarefa sacerdotal como resulta obvio, senón no eido da cultura en todas as vertentes como nos amosou, con grande orgullo, a súa tarefa na biblioteca do seminario e os incunables alí conservados. Hoxe, a máis, é o herdeiro como arquiveiro de D. Enrique Cal Pardo de tanta influenza no noso vivir. (Casualmente fai uns días recordáronnos o valor disas fontes do arquivo para atopar a un asasino).
Unha vida, un exemplo.-Gratitude eterna a Félix e admiración profunda por unha labor que está por riba de loubanzas e aplausos. A istas alturas da vida xa sabemos que os exemplos, como ben dicía o Conde Lucanor, son a mellor carta de presentación. Nunca esquecerei, Félix, nos tempos que vivimos, de cómo coidaches a teu pai e os traballos como exemplar fillo que lle adicaches. ¡Qué satisfacción máis fonda! Sen desmerecer ningún, foi o teu mellor libro, Félix. Agora, nisa nova andaina, os mellores desexos, e por suposto, sempre á túa disposición e amistade.
Por certo, xa sei, polo meu inesquecible i eterno mestre Alonso Montero, que vos vades ver no museo de Cunqueiro para o mes que ven. O dito: Mil felices primaveras cheas de saúde, éxitos e felicidade.
Juan José Novo
Pois rematada a semblanza de Félix, permitídeme, compañeiros, que vos amose a un novo canónigo que moitos descoñecedes pola sinxela razón de que é moito máis novo que nosoutros. Trátase de Juan José Novo Gabeiras, máis coñecido por Juancho, recentemente nomeado canónigo fabriquero (responsable de patrimonio) da diócese. Naceu no seo dunha familia de panadeiros moi apreciada e coñecida do noso Viveiro: Os de Gabeiras, os meus compañeiros e amigos Juan Novo Pérez ( Xan da Mora) seu pai, e Suso, seu irmau, tristemente finados, foron os meus compañeiros na Directiva da Cofradía do Santísimo Cristo da Piedad (sic) de Viveiro ( 1974). Daquela o novo Canónigo tiña oito ou nove anos. Foron anos moi duros para a Cofradía, pero grazas ó exemplo deles, salimos adiante, aínda que o feito de irme para Madrid (1975) me impidira traballar arreo como era preciso. En 1977, polas dificultades da distancia, dimitín como Hirmau Maior e relevoume Xan. Hoxe a Cofradía ten moita sona.
En el Seminario.-Pouco seguín a pubertade e xuventude de Juancho pola distancia, pero nos pobos sábese todo, e máxime se é fillo dun amigo. Coido que tivo unha infancia cómoda no material, pero seguín o seu curriculum a raíz de que foi a estudar o Seminario de Toledo. Descoñozo se chegou a coñocer ó noso benquerido compañeiro Ánxel Felpeto, por entón Conselleiro de Educación e Cultura de Castilla la Mancha, e tamén o compañeiro Antonio R. Pena, dúas figuras señeiras no Toledo de entón. O que si sei e que era amigo da miña familia.
Quéirase ou non, nos detalles vas vendo a evolución da xente, e aínda que apenas tivésemos un trato máis aló que a cordialidade lastrado pola diferencia de anos, decateime da fermosa evolución e como aquel rapaz, que recordaba coma nós “remexendo” e axudando na parroquía, ía medrando e profundizando nas enseñanzas relixiosas que require a súa labor. Coido que nos pasa a todos.
Labor sacerdotal.-Sen dúbida o Seminario imprime carácter e máxime se un profundiza na súa labor espiritual para ser cura. Sen dúbida Juancho acadou a meta proposta, un mundo onde os curas son criticados e admirados o mesmo tempo. Gostaríame que houbera moitos máis curas. Case sempre son exemplares e respetables.
Ordenado xa, soupen depois que fora cura de Abadín e zonas próximas e que deixara moi bo recordo -tamén en Xove- por onde pasaba. Gábano tamén hoxe en Celeiro. Asistín a misas dil e oinno falar, e a verdade resulta reconfortante atopar a un Home con tan fermosa, sinxela e cristiana oratoria. Cómpre tamén dicir que é Hirmau Ministro é Consiliario da Terceira Orden Franciscana de Viveiro, a verdadeira insignia da relixiosidade máis certa.
Al frente del Patrimonio.-Juancho é hoxe un cura moderno, ten redes sociais, leva unha vida adicada plenamente a súa labor sacerdotal, véselle que é humilde, frugal, servicial e isas cousas fermosas que buscamos dos curas. Agora encárganlle Patrimonio, tarefa difícil, e para nós, algúns, difícil de encaixar co espiritu evanxélico. Pero nunca mellor dito, doctores ten a Santa Mai Igrexa. Só desexarlle sorte.
Alédome moito, e sei que hai maís, por il e a familia e quero imaxinarme a Xan, seu pai, e a seu irmau Suso orgullosos do seu nomeamento. Noraboa tamén a Lucita, súa mai, por ise cura tan meritorio. Grazas pola túa labor, Juancho.
Que ambo-los dous (Félix e Juancho) sigan a traballar con esa dedicación e fe tan fermosas, e reitero a máis feliz noraboa.
Dejar una contestacion