Homenaje chairego a Don Uxío García Amor

El pasado 27 de noviembre, el Instituto de Estudios Chairegos rindió homenaje al Prelado de Honor Don Uxío García Amor en la Casa de la Cultura de Villalba, en un acto en el que el ilustre sacerdote presentó su poemario “Versos de mi vida” y recibió el nombramiento de Socio de Honor del Instituto.

mondoñedo3mondoñedo12

  Don Uxío –o Don Eugenio, para los más antiguos seminaristas- es ya más una leyenda que una biografía. Difícil empresa vital la suya que le llevó a hacer tantas cosas sin dejar de ser el mismo: la misma sonrisa de sus años de Seminario, de profesor multidisplinar, de gestor diocesano -incluso el cargo de Administrador, sede vacante- y cura de almas en las comarcas de As Pontes y Vilalba. El mismo Don Eugenio, la misma impecable sencillez.

Don Eugenio viene del mundo académico –licenciado en Filosofía y Teología por la Gregoriana de Roma y en Ciencias Bíblicas por el Instituto Bíblico romano- que fue enriqueciendo, con insaciable curiosidad,   en otros campos, como la música o el arte poético, a lo largo de una incansable vida de estudio. Es lo más parecido a lo que conocemos como un hombre sabio.

Nos complace recoger en esta página algunos de los textos leídos durante el homenaje, así como un ya publicado texto de Don José María Díaz Fernández, tan cercanos ambos en la tarea profesoral en el Seminario.

 O noso “don Uxío”

Por Agustín Fernández Paz

Escritor

Canto me gustaría estar hoxe aí, sentirme como unha persoa máis das que esta tarde vos reunistes na Casa da Cultura para tributarlle a tan merecida homenaxe a Uxío García Amor, o noso «don Uxío»! Todas e todos sabemos que non era sen tempo!

Non podo estar fisicamente, pois moitas veces é a enfermidade quen decide por nós. Mais si quero estalo a travémondoñedo5s destas poucas palabras que alguén da organización terá a amabilidade de ler no meu nome.

Falei antes de «merecida homenaxe». Creo que neste punto é ben doado estarmos de acordo. Recoñecer, e agradecer, o moito que don Uxío leva feito por Vilalba (polas persoas que aí vivides, e tamén polas que nos toca ser vilalbesas desde lonxe) é un acto de xustiza que non se podía adiar máis.

Ben sei que é imposible agradecerlle no que vale tanta entrega ao longo destes anos, tanto cariño, tantas obras feitas sen agardar nada a cambio. Sempre coa palabra amable, coa discreción, coa preocupación xenuína polos problemas da comunidade. Non hai palabras nin feitos que paguen tanta entrega!

O día de hoxe tróuxonos de mañá noticias tristes, como foi a do pasamento dese home bo e xeneroso que foi, que é, Xosé Neira Vilas. Mais o día de hoxe tamén remata con feitos ben alegres, coma este acto. Síntome orgulloso, unha vez máis, de ser membro do Instituto de Estudos Chairegos e de saber que don Uxío xa forma parte da nosa asociación como Socio de Honra. E que sexa por moitas primaveras máis!

«Grazas, don Uxío, pola sua dedicación, fortaleza e humildade»

Por Ángel Felpeto Enríquez

homen1 homen2

Estimado don Uxío:

Din que vale máis unha imaxe ca mil palabras. E eu hoxe teño dúas moi presentes: o meu libro de lingua e literatura castelá e esa fotografía das vodas de prata de D. Xusto, o noso Reitor, con vostede ao seu carón. O sorriso é o mesmo, só perdeu pelo, xa tiña pouco.

Cada un conserva unha imaxe das persoas que tiveron influencia na súa vida ou que lle serviron de referencia. Para min esa fotografía dío todo. Don Uxío, sempre en segundo plano, mais sempre arrimando o ombro tanto coma o primeiro. Don Xusto para nós era autoridade, a que debe ter o Reitor, un pouco na distancia aínda que próximo cando o necesitabas, mais ao seu lado sempre don Uxío, o home humilde, co sorriso nos labios, que non ten tempo para nada e sóbralle tempo para todo e que é o bastón onde se apoia quen ten a máxima responsabilidade.

Vostede achegábanos a Juan Ramón Jiménez ou a Dante e Boccaccio coa mesma sinxeleza e o mesmo sorriso ca cando nos saudaba no corredor, sempre á présa, mais sempre cunha mirada de afecto. Da música, que dicir, aínda que para min, malia aos seus aprobados, segue sendo materia pendente.

Mais creo que vostede se sentía reflectido naquela “Que descansada vida la del que huye del mundanal ruído” de Frei Luís de León.

Aínda vexo dando un paseo polo claustro alto na soidade da noite, despois de cear, a dúas almas xemelgas, como diría a miña nai costureira, “cortados polo mesmo patrón”: a don Uxío e a don Jaime. Hai moi poucos días un grupo de compañeiros daquela promoción que saímos de Mondoñedo no ano 1969, lembrábamos con afecto e gratitude cara a vostedes e cara a todos os nosos profesores e formadores, esas imaxes que non se borran. Ademais lembrabámolas o día 17 de outubro pasado, cincuenta e seis anos despois, ás oito da mañá, na figura de don Enrique Cal Pardo, aos seus 93 anos, facendo ese mesmo itinerario rezando o rosario e pisando as mesmas laxas de granito, pasando por diante dos despachos-cuarto de don Xusto e de don Uxío.

Hoxe, cando recibo a invitación para a xusta homenaxe que lle renderá o IESCHA o vindeiro venres, sinto a necesidade de expresarlle, como o fixen interiormente tantas veces ao longo da miña vida docente, a miña gratitude. Lembrei moitas veces estando diante dun grupo de alumnos, que algunhas persoas ensináronme máis ca moitos libros. E eu aprendín, ademais de lingua, literatura e música, sobre todo aqueles versos que tanto liamos na clase e recitábamos de memoria:

“¿Que presta a mi contento

si soy del vano dedo señalado;

si en busca de este viento,

ando desalentado

con ansias vivas, con mortal cuidado?”

Grazas don Uxío pola súa dedicación, fortaleza e humildade, que a min e a todos os que tivemos a sorte de coñecelo e de aprender diariamente do seu sorriso e do seu exemplo, serviunos de referente na nosa vida persoal e profesional.

Máis ponte ca pontífice, porque só sabe servir”

Por Xosé Manuel Carballo

Amigo Chema:

Desde o outro día da presentación fun indo, ou fóronme levando, a peor. Desde o luns pasado estou ingresado coa confianza de obter outra prórroga.

Creo que hoxe é a homenaxe a don Uxío. Tería o deber de estar presente, pero sobre todo sinto a necesidade de poder facelo. Como non me é posible, se me fas o favor e é procedente, volves prestarme a voz pra dicir:

«Durante moitos anos pensei que don Uxío era un máis dos curas poetas. Así, presumía de ter un amigo e admirado compañeiro que cadra moi ben a linguaxe poética. Como agora teño máis tempo pra pensar, caín na conta de que quen é a miña amiga é a Poesía. Si, a Poesía disfrazada de cura en don Uxío e revestida da humildade e sinxeleza de quen é máis ponte ca pontífice, porque só sabe servir.»

Eugenio García Amor

Por José María Díaz Fernández

Se trata, sin lugar a dudas, del sacerdote más egregio de Galicia y nada he sentido tanto en los últimos meses como no estar presente al homenaje que el pasado día 17 se le rindió en Vilalba como “chairego de honor”. Lo que afirmo de entrada lo corroboro con lo que ahora añado.

Si en nuestros años de estudios en Roma se hubiese hecho un sondeo sobre quién podría alcanzar más altos destinos, unánimemente se habría coincidido en él, por encima de otros posteriormente encumbrados, como el hoy cardenal Martínez Somalo y el ya fallecido Mons. Tornella, Arzobispo de Tarragona. Y es que las tenía todas: magnífico compañero, siempre servicial, prudente, resplandeciente en piedad, músico, poeta, enaltecido con las mejores calificaciones en todas las asignaturas… Sin duda, el alumno más completo.

Su estancia romana fue larga: diez años a los que corresponden sus tres licenciaturas en Filosofía, Teología y Sagrada Escritura. Desde que regresó a su diócesis de Mondoñedo en 1956, eligió decididamente “la oscura senda por donde han ido / los pocos sabios que en el mundo han sido”. Nada buscó para sí; optó siempre por lo más humilde, se multiplicó en las más diversas tareas, incluida la atención a varias parroquias rurales… Un no parar. El obispo Argaya lo hizo su Secretario Canciller. Posteriormente fue Vicario General y Gobernador eclesiástico en Sede Vacante. Dábamos por hecho que iba a ser nombrado obispo y muchos tenemos la certeza de que, en su humildad, no aceptó el nombramiento. Para mayor sorpresa, pasó de Vicario General a párroco de As Pontes y luego de Vilalba, donde sigue activo a sus ochenta y cuatro años, marcados por una perenne juventud del alma. ¿Qué puedo añadir? Juntos comenzamos los estudios en Mondoñedo y juntos terminamos en Roma. Más que amigo es el hermano admirado durante más de sesenta años. ¡Cuánto va del uno al otro!

«A presenza e Deus na poesía e na música está en primeiro plano»

(Entrevista con Don Uxío García Amor en El Progreso)

Uxío García Amor, sacerdote homenaxeado polo Iescha ►O poemario ‘Versos en mi vida’, presentado en Vilalba, resume en primeira persoa boa parte da biografía dun home cunha traxectoria impecable, que en máis de 50 anos ao servizo da Igrexa antepuxo sempre os labores de axuda ao pobo á importancia dos seus diversos cargos

entrevista

Uxío García sostén o seu poemario.

Martes 1 de Diciembre de 2015 | Rubén de Rosende

PARA NOMEAR os cargos e logros que suma este sacerdote ao longo da súa vida necesitaríanse varias páxinas como esta. Desde que Uxío García Amor foi ordenado como sacerdote alá polo ano 1953 en Roma, este apaixoado do coñecemento non deixou de engrosar o seu currículum. Por facer algún apunte, licenciouse en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, foi mestre de capela na catedral de Mondoñedo ou secretario xeral do Bispado mindoniense, aínda que a él o que sempre lle gustou foi ser párroco en aldeas pequenas para poder axudar a todos os veciños do rural.

Vén de presentar en Vilalba o seu poemario ‘Versos en mi vida’. Que supón a poesía para vostede?

A poesía é unha maneira de expresar os meus sentimentos, aínda que sexa de forma ocasional, xa que nunca me adiquei en profundidade aos versos.

Que conta esta obra?

Este libro está feito ao longo de moitos anos. Representa o meu itinerario biográfico. Fun seguindo diversos momentos da miña vida a través dos meus poemas.

É fácil expresar as vivencias persoais a través de poemas que retratan partes da propia vida?

Non é nada fácil. En primeiro lugar hai que sentir o que se está escribindo, e despois escribilo. Ademais, como comentaba antes, a literatura é algo ocasional para min.

Alomenos gozará cando se senta a escribir.

Non crea que son moi apaixoado. O libro está publicado case máis por compromisos persoais.

Hai algún poema ou algunha época que recorde con especial ledicia?

Un poemiña que escribín hai xa moitos anos, cando estaba en Roma no 1946. Ese poema, ‘La rosa y la estrella’, é especial porque un pintor que recibiu o meu libro compuxo un cadro a partir dos versos desta poesía.

Imaxino que esa fase súa da xuventude vivida en Roma tamén influirá para que lle garde agarimo.

Si, foi unha boa época. Podemos dicir que foron anos moi intensos na miña vida.

A presentación do libro estivo incluída dentro da homenaxe que lle fixo o Instituto de Estudios Chairegos, que o nomeou socio de honra. Está agradecido por esta distinción?

Sen dúbida algunha. Realmente, eu non lle prestei ningún servizo ao Iescha e eles regálanme este galardón. Estou moi agradecido.

Pero non é a primeira vez que o distinguen na comarca. Algo bo tería que facer.

Insisto no meu agradecemento porque creo que non fixen nada meritorio para tal distinción.

O seu currículum está plagado de diversos cargos importantes. Hai algunha época da súa vida que recorde con especial paixón?

Os cargos foron de servizo a nivel de diocese. Vicario xeral, delegado… Pero na miña vida o que me gustou sempre foi estar coa xente da aldea, ao servizo de parroquias rurais.

Que é o que bota de menos?

O contacto persoal coa xente. Naquel momento o sacerdote prestaba servizo pastoral, pero no mundo rural levaba a iniciativa de moitas cousas; a nivel social, cultural… Mantívenme nesa vocación tanto tempo como foi posible, pero os anos foron pasando.

Por que se perdeu ese contacto máis cercano dos sacerdotes coa xente das aldeas?

A iniciativa por parte das institucións civís de promocionar certo tipo de actividades agora é moito máis intensa, pero antes dependía exclusivamente das parroquias.

«O que máis me gustou sempre foi estar coa xente da aldea; no rural o sacerdote levaba a iniciativa de moitas cousas»

Ve positivo que as administracións ou asociacións se involucren deste xeito?

Sen dúbida, así o sacerdote tamén se pode adicar de forma prioritaria ao pastoral. O que acontece agora é que nós somos cada vez menos e cada vez máis vellos, entón a nosa capacidade non é a mesma.

Á marxe de poeta, tamén é músico.

Adiquei gran parte da miña vida á música. Tiven unha oportunidade de ter un orfeón iniciado e continuado por min en Mondoñedo. Tamén lle adiquei tempo á música nas Pontes e en Vilalba. Sempre foi un campo no que traballei con moito agarimo.

Máis contento entón no mundo da música que no da poesía?

Adiqueille bastante máis tempo a unha que a outra.

Hai parte de Deus en ambas?

Certamente, a presenza de Deus está sempre en primeiro plano nestes dous campos.

Con tantos obxectivos conseguidos ao longo da súa vida, que novos proxectos lle quedan?

Nesta tardiña baixa da vida o que queda é prepararse para o exame final.

Non terá vostede présa por examinarse…

Non, non, o tempo que o señor nos vai regalando de propina benvido sexa.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*