UXÍO GARCÍA AMOR: “POEMAS DE MI VIDA”

El pasado 27 de noviembre, e l ilustre canónigo y profesor Monseñor Uxío García Amor (Trabada, Lugo, 1928) presentó en la Casa de la Cultura de Vilalba (Lugo) su libro “Poemas de mi vida”. Su antiguo alumno, el villalbés Anxo Felpeto evoca el magisterio de don Uxío y rememora sus fecundos años mindoniense como seminarista.

“Sementar, sementarei…”

Por Ánxo Felpeto

Non tiven a fortuna de asistir á presentación do poemario de don Uxío, e cando chegou ás miñas mans atopei o que imaxinaba, máis ca unha recompilación de versos escritos ao longo de toda unha vida, a vida de don Uxío a través dos seus versos.

Foi sementando humildade, sabedoría e bondade, e cada un recollemos o que puidemos, quizais menos do que el soubo transmitir.

Gustaríame interpretar os sentimentos de quen coñecín nunha etapa clave da nosa vida, e agora, cos seus poemas na man, volvemos a reencontrarnos con aqueles momentos, aqueles lugares, aqueles amigos; fainos recuperar recendos, sons e silencios.

Os nosos vellos libros e apuntamentos, memoria viva de aulas frías con teitos moi altos; frieiras e arrefriados; frascos de tinta Pelikan; Celtas Cortos ás agachadas; flores de maio; campás de catedral e conventos que soan na madrugada, e até o recendo a colonia de mans unxidas unha vez ao ano o día das ordes.

Sementar, sementarei… Lembranzas para o vello párroco e, como non, para o mestre. Agora empezo a comprender que alguén me ensinou a valorar a dedicación e o esforzo dos meus mestres, que se empeñaban en que, sen abandonar as nosas raíces, servísemos para algo máis ca para “destripar terróns”. Non perdestes o tempo, dona Mercedes, don José María… diría eu.

O Nadal, o belén e as panxoliñas. Lembrades aquel pequeno libro de panxoliñas editado para os ensaios previos ao Nadal en clase de música, coa intención de que logo fósemos quen de levalos ás nosas parroquias? No meu caso non o conseguiu, e ben que me arrepinto porque non souben aproveitar a oportunidade.

Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Mondoñedo, o Mariscal Pardo de Cela, recordo de natureza, paseos, o Masma, a subida ao Padornelo, mais sobre todo valores de amizade fraguados en longas camiñadas que, como quedou patente na pasada homenaxe ao Seminario, están por enriba do tempo e das distancias. Por certo, unha das maiores emocións dese día foi ver a don Uxío desde o mesmo lugar dirixir os cantos da eucaristía. E escoitando a súa voz, pechei os ollos e volvín cincuenta anos atrás.

Vin unha entrevista na que lle preguntaban cal deses poemas era para el o máis querido. Iso é como preguntarlle a un pai a que fillo quere máis. Eu si vou tomarme a liberdade de mencionar algúns que me falan da súa personalidade, mais sobre todo da súa bondade e da súa humildade.

Máis dun día sufriría lendo a prensa da mañá ou vendo o telexornal, e imaxínoo á primeira hora, pasando a folla do calendario e escribindo:

Volve lume ós teus lares

e déixanos vivir en calma.

Ou unha tarde, co corazón roto despois dun funeral. Unha vida nova segada na estrada.

O agosto vén cheo de avisarnos

perdemos moitos puntos coas carreiras.

Vilalba, as súas festas, o seu castelo, o seu pradairo e sobre todo as súas xentes na Xira e no Feirón, e o mundo esquecido do rural, para el están presentes neses versos ao Santo Anxo de Belesar.

En todo momento e lugar a súa vocación sacerdotal e a permanente homenaxe a María chea de luz, chea de dor, chea de graza, chea de gloria. Sons que permanecen no tempo, aqueles días de Pascua, e don Uxío entoando o Regina coeli laetare.

Quixera aproveitar a madureza

para que esta mazá da miña vida

poida gustarse aínda na túa mesa

Pode estar seguro don Uxío de que a súa vida e o seu exemplo seguirán a gustarse en todas e cada unha das mesas de todos aqueles que o coñecemos. Porque vostede sementou e ademais non esqueceu regar xamais. E fíxoo sen que se notase, pola noite ou pola mañá moi cedo para que non se evaporase. Sementar,sementarei, loguiño de crarear…

ESCOLMA DE POEMAS DE UXÍO GARCÍA AMOR

Rompiendo amarras

La espera

Subiendo al altarUnha rosa para tíVillalba desde o río MadalenaNon perdas puntosFroita do tempo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*