O pasado 18 de novembro, coincidindo co aniversario de Dino, foi presentado na Deputación de Lugo o libro Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural, editado por Gráficas Lar (Viveiro) e coordinado por Manuel Rivas García . Nel colaboran 16 autores entre exalumnos e amigos do ilustre profesor.
La obra onta cunha portada e debuxos feitos por Siro López e unha contraportada de Antonio Rivas Pol. O acto estivo presidido pola vicepresidenta da Deputación -entidade que colaborou na súa edición-, Tareixa Ferreiro Tallón, e interviron o xornalista Xulio Xiz ( moderador), Manuel Rivas e Primitivo Iglesias. Ante un numeroso público ( preto dunhas cen persoas, que encheron a sa) falou a Xulio Xiz da personalidade do homenaxeado. A continuación tomou a palabra a vicepresidenta da Diputación lucense, quen resaltou a importancia do homenaxeado e o acerto de que se publicase esta obra. O coordinador, Manuel Rivas, destacou a personalidade rexa e intelixente de Dino Pacio, que nunca reduciu o seu traballo ao ámbito intelectual senón que tivo unha proxeción social en procura dunha mellora das condicións dos máis desfavorecidos. Nesta mesma liña se estendeu tamén Primitivo Iglesias, debullando distintas anécdotas e feitos da xuventude do homenaxeado cando exercía de profesor en Mondoñedo e levaba algunhas parroquias da bisbarra de Abadín. Pechou o acto Ana Castelo Pacio, sobriña de Dino, ca lectura dunha carta na que a familia de Dino daba as grazas a cantos colaboraron na obra e no acto de presentación da mesma.
Pedidos da obra:
982 56 21 00
Dejar una contestacion