Vila, o patriarca paio, Medalla Castelao

Noraboa , amigo: “A entrega xenerosa  é a mellor sementeira”.

Coa gratitude de moitos amigos e compañeiros.

Por Ricardo Timiraos Castro (1)

Vaia por diante que son un tipo raro e que  entre as miñas rarezas atópanse non crer en premios, medallas e  outros agasallos  similares. E menos se anda por medio é a política.

O caso é que o meu antiguo compañeiro, e sempre amigo, Manolo Vila López, vai a recibir, con todo merecimento pola súa  parte, nada máis e nada menos que  a Medalla Castelao.

 Os premios  Castelao sona teñen.  Outra cousa son os criterios que se han seguir para a súa consideración. No caso de Vila atopamos a mellor virtude que unha persoa pode poseer: a súa xenerosidade sen límites.  A súa entrega ós desfavorecido  e o traballo constante pola colectividade xitana de Lugo e provincia.

A mín gostame ser crítico e  nunca me gostou nin a Xunta nin a utilización que fan de Castelao para agasallar a determinadas persoas que loitan pola grandeza de Galicia. Leven medalla ou non, a gratitude pola seu labor, é para mín unha obriga.

E no caso de Vila coido que  é máis importante a ledicia que sentimos moitos -estou a pensar en Alvariño, Mendi, Sarmiento, Pepe de Area ( sí, o dos contos nos festivais benéficos de Lugo dos anos sesenta), Benigno Veiga… seminaristas de Mondoñedo, mestres do 68 e máis- que o que supoña tal recoñocemento. Toda unha vida adicado de corpo e alma os máis marxinados, buscando a súa dignificación e axudándolles a resolver os problemas  que día a dia a vida plantexa, non hai medallas no mundo que o  paguen.

Dicía que Xunta non me gosta porque, sendo a súa razón de ser a descentralización do goberno, coido que é unha oficina de colocación dos acólitos do partido. Case sempre dos mesmos, do partido famoso pola  corrupción e o mamoneo.

O que fan con Castelao tampouco me parece ben.  É unha utilización do seu nome e prestixio para ises cambalaches os que nos teñen acostumados  e que  sirven para honrar a persoas coma Vila ou…, para gabar egos de persoeiros e pagar favores políticos.

Estou a recordar, por poñer un só exemplo, como a Delegada de Domus VI ( fondo buitre que     zugue nas granxas de vellos) recibeu un premio de outra argallada.  Cecais fose de gratitude polos mortos na pandemia.  A  “dama “ en cuestión está “orgullosa”  i  “ encantada” de obter millonarios beneficios. No comité de Ética  de  Domus VI está a muller do Presidente do Parlamento Galego. ( Economía Digital Galicia 13 – 11-2020).  Ética en estado puro.

Dito o que antecede, cómpre salientar a figura de Vila. Manolo é de sempre un home homilde, tranquilo, de sorriso fácil, xeneroso sen límite. É loitador. Unha loita constante, soave, discreta,.. en pro dos desfavorecidos. Manolo é dises mestres que se implican na realidade social e non regatean horas e esforzos por conseguir para iles unha maior consideración e respeto. Coñoce polo nome centos de xitanos, e nalgún caso poiden comprobalo,  que non só ven nil ó patriarca paio, como certeiramente lle chamou alguén, senón unha persoa da que se poden fiar, que saben que está sempre atenrto a canto poida axudar á súa xente. Cónstame que Vila sempre que chegou ás institucións públicas con demandas non tiña outra ferramenta que a razón. Unha razón que non sempre é ben acollida, pero que acaba sendo eficaz  porque a verdade non ten máis camiños.

Falar de Vila entre os compañeiros e amigos é lembrar a seráfica ollada, chea de dozura e agarimo, coa que nos abrangue a cada un, e que nos recordan só homes, como os misioneros, que viven en profundidade un mundo moito máis espiritual, máis alleo as nosas triviais boberias. Vila leva, no aparente seo laico da súa andaina, un labor evanxelizador de  humanidade e  fraternidade, cecais froito do seu paso polo seminario,  difícil de atopar nun mundo tan alleo a xenerosidade.

E dista implicación no mundo xitano daba fe o meu amigo Alejandro, xitano de Viveiro, cando me recordaba o moito que se implicara Vila nos problemas deles. O último que me dixo: “ Qué buena persona es Vila, Ricardo. Si todo el mundo fuésemos como él….” ¡Qué mellor medalla, Manolo!

Pero se non chegase con iso- cómpre dicir que só nos vimos catro ou cinco veces en sesenta anos nos que a vida nos separou-  sen embargo soupen das súas andainas por diversos compañeiros e aínda me enterei do grao de implicación na súa Moimenta natal, con actividades de diversa indole, sempre altruistas e valedores para o engrandecemento da súa parroquia e a súa xente. Sí, Vila, dando exemplo e implicándose nas pequenas ou grandes cousas que require mellorar a vida da xente. Unha mostra máis  da necesidade dos bós e xenerosos de verdade que canta o noso Himno.

¡Gloria a Deus… e a ti, Vila.!

(1) Ricardo Timiraos Castro. Viveiro, 1947. Profesor jubilado y articulista de prensa.

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*