Homenaje a Ramón Marful

 

Os compañeiros ingresados en Leourenzá en torno ó curso 1953-54 reunímonos en Foz o día 6 de agosto para recordar e acompañar a familia de Ramón Marful, finado fai uns meses en Mondoñedo, con funeral na Igrexa de Santiago de Foz e soterrado no Cemiterio Municipal. Tivemos tamén a Eucaristía concelebrada na Igrexa parroquial, con Memento especial para os Bispos, Profesores e Superiores xa difuntos,  con especial referencia para as nosas vidas; así como dos compañeiros que xa nos precederon recentemente, Gustavo Chao, Emilio González, Real Seoane, Rios Fraguela, Antonio Pena, Bernardo G. Cendán e Suso o vivariense. Estivemos tamén acompañados polas donas doutros compañeiros. Agradecedmos ó Párroco Antonio Valín pola acollida y fraternidade.

Xantamos no Restaurante A Xoiña, con unha loga sobremesa na que repasamos vivencias e lembranzas dos anos compartidos en Lorenzana, Mondoñedo e nas variadas profesións e destinos.  No remate das vacacións de Ángel Chao e Orlando Sánchez e as súas donas, xuntánomos en San Martiño o 26 de agosto un pequeño grupo, visitamos a primeira Catedral da Diócese, a Casa-Museo, a Capela do Carme (rememorando as xiras fin de curso desde Lorenzana) e compartimos o xantar na vila de Foz; agradecemos a Deus as xuntanzas deste ano e citámonos, coa axuda de San Gonzalo, pro ano vindeiro.

Rafael Lombardero

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *