De izquierda a derecha
Delante: Ramón Díaz Guerrero (Pígara), 4º Latín: José Pereira Castiñeira (Pígara), 5º Latín; Bernardo García Cendán (Vilalba), 1º Teología; José Díaz Rodríguez (Santa Cristina –Cospeito) – 4º Teología;
Joaquín Felpeto Carreira (Torre), 5º Latín
Detrás: José Luis Novo Cazón (Noche), 4º Latín; Ángel Felpeto Enríquez (San Xoán de Alba), 3º Latín; Jesús Goldar Novo (Vilalba ), 3º Teología; Julio Leal Carreira (San Xoán de Alba), 4º Latín; Manuel Cillero Hermida (Vilalba), 3º Filosofía; Luis Vázquez González (Vilalba), 4º Latín; Manuel Fernández y Fernández (Sistallo ), 3º Filosofía; Ramiro Pérez Fernández (Sistallo) , 2º Teología;
Detrás, de pie: Juan José Mateo Docampo (Cospeito- Feira do Monte), 5º Latín
Por Ángel Felpeto Enríquez (1)
O 13 de xaneiro de 1962 era sábado e o lóxico é que, finalizadas as curtas vacacións de Nadal, o domingo 7 volvésemos a Mondoñedo para comezar as clases o luns. Pasaron moitos anos para lembrar con claridade se a data que aparece na fotografía correspóndese co día do retiro ou realmente trátase do día en que o noso amigo e compañeiro Ramil entregounos a fotografía. Querendo atopar unha explicación e, como ambas as cousas puidesen ser verdade, serviume para lembrar aquel momento, inclinándome pola segunda, salvo que alguén teña mellor memoria.
Ás portas do Concilio.-O ano 62, curso 61-62, foi moi intenso porque estabamos ás portas do concilio Vaticano II. Nas visitas que realizaban misioneiros de distintas congregacións relixiosas falábannos da súa experiencia misioneira pero tamén da expectativa en torno ao concilio.
Fago unha paréntese. Non vos chamaba a atención o hábito branco dos misioneiros combonianos e o seu gorro vermello? Lembrades us publicacións MUNDO NEGRO e AGUILUCHOS? Lembrades a súa proxección de diapositivas que esperabamos con ansia en cada visita?
Non faltaba a pregaria matutina pedindo polo Papa e quen tiña a responsabilidade da organización, nos retiros espirituais trimestrales, charlas e homilías, a referencia era obrigada. A lectura da revista ECCLESIA e publicacións que estaban a nosa alcance ían dando detalles do que se supoñía un acontecemento de renovación e aggiornamento como se dicía entón e que non defraudou a ninguén.
Actividades fora do Seminario.-E nese contexto estou seguro que se enmarcaban aqueles retiros realizados en vacacións en cada unha das comarcas ou arciprestazgos. Aínda que non teño localizados a todos, algúns xa non están connosco aínda que sí na memoria e no corazón. Deixounos moi pronto Manolo Cillero, tamén José Luis Novo e os máis recentes Bernardo e Goldar.
Tamén xa desde un ou dous cursos anteriores, ao longo da década, impulsado por ese grupo de profesores ao que vimos facendo referencia, as actividades fora do seminario foron cada vez máis frecuentes. Os vilalbeses temos dous recordos indelebles, unha excursión en bicicleta de Mondoñedo a Vilalba, cada un chegou como puido, e aquel memorable 11 de outubro do 62 no que vimos todos en Villalba a inauguración do Concilio por televisión. Creo que aquela imaxe da basílica de San Pedro cos pais conciliares nas bancadas habilitadas e a entrada do Papa na súa cadeira gestatoria non se borrará nunca.
Esta fotografía é o símbolo dunha nova etapa aínda que nós nese momento non alcanzásemos a entendelo.
(1) Ángel Felpeto. San Xoán de Alba, 1947. Profesor xubilado.
Dejar una contestacion