Fermosa, inesquecible e multitudinaria homenaxe ó noso Seminario

Presidencia do Acto académico
Presidencia do Acto académico

                                                                             Por Germán Castro Tomé

“Xornada inesquecible!”, “fermoso acontecemento”, “esto ten que ter continuidade”son expresións, entre outras, representativas dun día tinguido de confraternidade, nostalxia, emocións e lembranzas referidas a un pretérito que se ofrece xa moi lonxano, pero que está moi presente na memoria colectiva de sucesivas xeracións de antigos alumnos que en número superior aos douscentos xuntaronse o 17 de outubro de 2015, véspera das San Lucas, para render unha homenaxe ao Seminario de Mondoñedo.

Catro siglos e medio de docencia

O fervor acadou niveis de gran trascendencia cando, tras o descubrimento dunha placa, xa no acto solemne e académico Francisco Cal Pardo, presidente da comisión organizadora, daba dimensión a homenaxe salientando que durante catro séculos e medio o Seminario de Santa Catalina foi lugar de formación secundaria e superior de toda a zona nordeste de Galicia, mentres que Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega e membro do grupo organizador, acentuaba o valor cultural do centro ao declarar que «gran parte da literatura contemporánea en lingua galega é inseparable da marca orixinaria do Seminario de Mondoñedo».

Portada do libro conmemorativo
Portada do libro conmemorativo

Son voces autorizadas que deixaron a súa pegada nunha paxina memorable que haberá que engadir á secular historia da «factoría cultural» mindoniense, como tamén a denominou en diversos traballos o profesor, escritor e crítico literario, preclaro fillo da Cidade Episcopal, Armando Requeixo, coautor con Ramón Villares, Pegerto Saavedra, Antón Costa, Ana Rodríguez Rivas e Antonio López Díaz, do libro conmemorativo da homenaxe.

Escola de valores

Misa de acción de gracias.
Misa de acción de gracias.

A xornada deu comenzo cunha misa que foi oficiada polo administrador diocesano, Antonio Rodríguez Basanta, e concelebrada por un grupo de sacerdotes chegados de distintos puntos da diócese de Mondoñedo-Ferrol. O oficio litúrxico tivo lugar na capela do Seminario Conciliar de Santa Catalina, ateigada de antigos alumnos, familiares e curas. Na homilía, Rodríguez Basanta definiu a xornada como «un encontro plenario, como unha convocatoria universal» para destacar «aquí, nesta casa, mamamos una serie de valores que non se esquecen».

Placa conmemorativa

Placa conmemorativa
Placa conmemorativa

Rematada a misa, a concorrencia pasou ao claustro onde quedou instalada a placa conmemorativa da homenaxe. Introduxo o acto o xornalista e membro da comisión organizadora Germán Castro Tomé, que actou de mestre de cerimonias ao longo da xornada. Castro enumerou as características da placa, con dedicatoria escrita en lingua latina, que foi descuberta polo rector do Seminario, José Bello Lagüela e o presidente da comisión organizadora, Francisco Cal Pardo.

Sesión académica

De seguido os asistentes trasladaronse ao salón de actos onde tivo lugar a sesión académica, coa presentación do libro «Seminario de Mondoñedo 1565-2013. Centro de formación e de promoción cultural. Edición-homenaxe dos seus antigos alumnos», e a entrega da medalla de ouro do Concello de Mondoñedo. Na mesa presidencial situaronse Francisco Cal Pardo, Elena Candia, Antonio Rodríguez Basanta, José Bello Lagüela e Ramón Villares Paz.

Francisco Cal: “Nos es común la formación en valores humanos”

Cal Pardo, que abreu a quenda de intervencións, explicou os motivos que levaron a un grupo de antigos alumnos: xunto con el, Ramón Villares, Antonio López Díaz, Bieito Rubido, Ramón Barro Bello e Germán Castro, a organizar a homenaxe. O presidente dixo «nos identifica y nos es común la formación en valores humanos, el compromiso con la ética del trabajo y el esfuerzo y la rigurosa formación intelectual, la disciplina, la austeridad, la cooperación, la creación de equipo…El Seminario fue durante casi cuatro siglos y medio el lugar de formación secundaria y superior por excelencia de toda la zona nordeste de Galicia…fue la gran oportunidad, la única cabría decir en muchos casos, de promoción personal de miles de jóvenes».

Ramón Villares: centro “ orixinal, aberto, distinto, plural…”

Ramón Villares Paz sinalou que os exseminaristas, e tamén algúns curas, ao marchar do Seminario poideron incorporarse a moitos ámbitos da cultura galega, especialmente da poesía. Definiu o centro como orixinal, aberto, distinto, plural que destacou «por superar a tentativa da culturización cunha certa permisividade ou permeabilidade cultural. Engadiu o profesor e presidente do CCG que «gran parte da literatura contemporánea en lingua galega «é inseparable da marca orixinaria do Seminario de Mondoñedo. Eso non se pode dicir de todos os seminarios de Galicia, ou de case nengún». Rematou salientando » O Seminario foi o que nos fixo mellores persoas, máis abertos e por tanto máis merecentes de que debamos de recoñecelo con esta homenaxe».

Medalla de Ouro de Mondoñedo

A continuación tomou a palabra a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, que manifestou «este Seminario, esta institución contribueu de xeito moi destacable a escribir a historia non so de Mondoñedo senon tamén de Galicia, desde o século XIV». A alcaldesa, que deu as grazas aos antigos alumnos e a comisión organizadora da homenaxe, salientou que o Seminario «é a primeira institución (até o de agora foron persoas) que recibe o máis amplo recoñecemento que podemos otorgar desde esta administración pública que presido». E agregou, non sin subliñar que o acordo tomouse por unanimidade de todos os grupos que conforman a corporación mindoniense, «a través desta concesión da medalla de ouro queremos distinguir a un centro que prestou un invalorable servizo e unha incansable contribución a historia de Mondoñedo».

Rector Lagüela: Detrás da Medalla está “a bondade das personas”

O Rector, José Bello Lagüela, tivo palabras de gratitude para os organizadores da homenaxe e para a alcaldesa e distintos partidos da corporación que decidiron otorgar a medalla de ouro ao centro. «A palabra máis bonita que pode dicir unha persoa é «gracias», sobre todo cando sae do corazón, do máis profundo do ser». Matizou o seu agradecemento como representante da institución precisando «detrás da medalla, con ter moito valor, hai algo que aínda ten máis valor que é a bondade das persoas que decidiron concedela e dos que quixeron organizar esta reunión».

Almorzo de confraternidade

Almorzo de confraternidade
Almorzo de confraternidade
Presidencia do almorzo
Presidencia do almorzo

A feliz xornada de convivencia rematou cun xantar de confraternidade celebrado no refectorio do Seminario Menor, onde se deron cita máis de duascentas persoas, curas en activo e secularizados, antigos alumnos que non chegaron a ordenarse sacerdotes, nalgúns casos coas súas mulleres, xa que era unha convocatoria aberta, baixo unha mesa presidencial moi concorrida polas autoridades eclesiásticas, entre elas o Administrador Diocesano e Rector do Seminario, Antonio Rodríguez Basanta e José Bello Lagüela respectivamente; alcaldesa de Mondoñedo, María Elena Candia López; o presidente do Consello da Cultura Galega, membro do grupo organizador, Ramón Villares Paz. Aos postres o cura, escritor e dramaturgo Xosé Manuel Carballo Ferreiro fixo unha mostra da súa habilidade para a maxia, que tivo o momento culminante cando sacou da «chisteira» un fermoso coello. Carballo deulle tamén a alternativa a un xove mago, Óscar Bello, que cos seus xogos de mans mantivo o interés do «respetable».

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*