IN MEMORIAM: Ata sempre, Toñito

Domínguez, Fernández Paz y Cendán, tres chairegos unidos por la música.

Esta tarde (29 de diciembre) recibieron sepultura en el cementerio de San Juan de Alba  los restos mortales del sacerdote don Antonio Domínguez Martínez, párroco de Vilalba, fallecido ayer. El funeral estuvo presidido por el obispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. García Cadiñanos, a quien acompañaban el prelado de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, y gran número de sacerdotes de las dos diócesis. Antonio Domínguez gozó de gran notoriedad en sus años de seminarista por su dedicación a la música y excelente deportista, pero, sobre todo, por la bondad de su carácter y su fraternal disponibilidad hacia sus compañeros; las mismas cualidades humanas y pastorales que derrochó a lo largo de sus 63 años de ministerio sacerdotal.

 

Por Ángel Felpeto Enríquez (*)

 

Sorpréndeme a noticia do falecemento de Antonio nun día cargado de recordos daquelas frías mañás do día dos Santos Inocentes na nosa querida San Xoán de Alba, onde ambos nacemos e aprendemos a ler da man de dona Mercedes. Hoxe mesmo comentaba cos meus netos que amencía Toledo da mesma maneira que eu lembraba aqueles días de escarcha e carambelos nos tellados da nosa casa e da nosa escola.

Toñito (5) na escola de doña Mercedes

Un día coma hoxe, Ánxel de Lucas e Manuel de Durán no serradoiro tiñan sempre preparada algunha inocentada para quen pasase por alí camiño das tabernas ou do muíño. No muíño estaban o señor José María e a señora Lola e os seus fillos Gabino, Toñito e Pilar. Moitas veces acompañei ao meu avó ou ao meu pai para levar o trigo, o centeo ou o millo para realizar a moenda semanal. Teño a imaxe das persoas e dos espazos na retina coma se fose hoxe mesmo. Tamén os sons de cando poñían en marcha o muíño movido por enerxía eléctrica, unha modernidade daquela, que evitaba os desprazamentos aos muíños de auga dos “Novos” ou do “Rañego”, e os cheiros a fariña que se convertería en pan ás poucas horas.

O primeiro televisor que chegou a San Xoán de Alba foi o da familia do muiñeiro, e os seminaristas fomos os primeiros invitados para ver o partido da copa de Europa España Rusia o 21 de xuño de 1964.

Tamen o primeiro coche matriculado en Alba en 1947, a rubia do muiño,  era da familia.

Primer coche matriculado en Alba y propiedad de los Domínguez

En San Xoán de Alba nese momento estabamos no seminario Xulio Leal (2º de filosofía), Dionisio Corral e quen escribe estas liñas (1º de filosofía). A Antonio Domínguez e a Pepe Río Villares, ordenados tres anos antes, debemos a preparación para o ingreso no Seminario. Nos veráns do 58 e do 59 acudiamos ás súas casas á hora da sesta para recibir clases de lingua, xeografía, historia etc. e eles recibiron como compensación o aprobado para o noso ingreso en Lourenzá.

No campo dos Remedios.. Domínguez, de sotana

A Antonio, nas primeiras mensaxes que hoxe recibo, todos o lembran como prefecto de disciplina no Seminario Menor e como profesor de música mentres el cursaba os seus últimos anos de teoloxía; tamén como extraordinario xogador e adestrador de fútbol dos máis pequenos.

Don Antonio (izquierda), con  don Uxío García Amor

O IESCHA cédenos algúns testemuños gráficos, algún inédito, como o de responsable do campamento da Devesa nalgún deses veráns. Ou a foto do coche da familia na que aparecen os José e Jesús  Domínguez Guizán.

Hoxe lembro tamén aquelas mañás de vacacións nas que asistiamos todos á misa diaria. Antonio seguro que tamén a lembraría cando nestes últimos anos como párroco tivese que tomar decisións e multiplicarse el e os seus compañeiros da UPA de Vilalba.

Ante la Capilla de Guadalupe (Vilalba)
Ante la Capilla de Guadalupe (Vilalba)

Naqueles anos xa afastados, don Manuel Grueiro era o noso párroco e todas as parroquias de arredor tiñan a atención dun sacerdote. Hoxe creo que son 18 as parroquias atendidas por dous ou tres sacerdotes. Despois de misa iamos á taberna do Sr. Angelito ler “El Progreso” -que habitualmente chegaba no coche de liña das 9, sobre todo as páxinas de fútbol, Toñito o primeiro cando estaba na casa.

As casualidades que a vida nos depara fixeron que me atopase a un dos seus sobriños como docente nestas terras toledanas.

Estou a escoitar na súa memoria, mentres escribo, a Fuxan os Ventos. Imaxino a Toñito, a Bernardo e a Luis interpretando con voz potente esta estrofa:

 

Sementar, sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

 

Hoxe a escola está baleira e a reitoral é a sede da asociación de veciños, o muíño está en silencio e polos camiños xa non se oe o rechinar dos carros cargados de leña, de herba ou de patacas. Hoxe e sempre o botarán de menos en Alba os seus amigos de sempre, Cecilio, Salgado, o incansable Celso dedicado en corpo e alma ao Club Deportivo Albense. Falar de fútbol en Alba era falar de Toñito do Muíño.

Claustro del Seminario (Antonio, segundo por la derecha)

Hoxe e sempre o lembrarán en Santaballa, en Foz e en todas as parroquias ás que serviu.

Gustaríame tomar contigo ese viño que tiñamos pendente e falar de tantas cousas e de tantos recordos que non son nostalxia senón tributo ao pasado e a quen nos precedeu e dos que aprendemos o que agora nos tocou transmitir. Pero fúcheste sen avisar, penso que antes de tempo porque aínda podías achegar moitas cousas, ata de fútbol tiñas que seguir asesorando a Celso e aos seus raparigos. Seguro que o farás desde outro lugar

Ata sempre, Toñito

Don Antonio

 

(*) Ángel Felpeto, nacido como don Antonio en San Juan de Alba, mantuvo con el sacerdote fallecido permanente cercaníá, como lo atestiguan estas hermosas líneas de emocionado recuerdo.

Biografía de Ángel Felpeto:

Ángel Felpeto Enriquez – Homenaje al Seminario de Mondoñedo (1572-2013) (homenaxeseminariomondonedo.com)

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*