Lorenzana fai 70 anos: “¿Daránnos vacacións para Navidad?”

Cursos 1º y 2º. 1953-1954

Por Rafael Lombardero García (1)

 

Fai xa 70 anos que por estas datas estabamos no Seminario Menor  en Vilanova de Lorenzana, moi preocupados por un “rumor profesorar” de que podía non haber vacacións no Nadal. Uns poucos anos antes, cando ainda non abrirán os estudios en Vilanova, pasaban os días navideños no Seminario en Mondoñedo, certamente con varias actividades litúrgico-literarias, según consta nos Boletiños do Obispado daquelas datas.

Pero a nosa xeneración do ano 1953 e seguintes poidemos disfrutalas coas nosas familias; anticipo das “morriñas” correspondentes ó regreso no mes de xaneiro, lembrando que dormíamos quentiños nas nosas casas e no seminario as sete e media tocaba a campa para erguerse e non facía ningunha  calor, sobre todo nunhos meses de nevadas e xeadas abondosas polos anos cincuenta; recordamos –xa en Mondoñedo- una nevada que cortou o tránsido de coches por varios días no alta da Xesta, suspendéronse as clases para correr o frío polos pasillos e os campos do futbol  sin poder usalos porque estaban cheos de neve.

 

Setembro do 42.-Pero, volvendo atrás, comenzamos o curso1953-1954, 43 compañeiros entre os 11 e os 14 anos das varias parroquias da Diocese. E no curso anterior eran 50 os ingresados.

Había Arciprestados con bastantes estudiantes.

A miña zona era a de Miranda-Riotorto. Había poucos medios de comunicación, fora dos días de feira ou mecados en Mondoñedo, Meira, a Pontenova, Vilanova, Ribadeo.., que circulaban uns autobuses (O Rápido, Bastián, O Louro… que poñían “Sevicio Regular”; pregúntáronlle un día a Don Edelmiro Báscuas qué lle aprecían e dixo redondamente: “regular”). Algunhas das nosas familias aproveitaban para mandarnos por eles algún “refuerzo alimenticio” para fortalecer as nosas merendas, gardandoos no “cuarto das maletas”. E sempre se podía facer algún “amigo” compartindo queixo ou chourizos.

Camiño de Vilanova.-Pero era o que entón había. Taxis-alquiler casi non había na miña zona; na Pontenova había o gasolineiro que tiña una “rubia” de  sete prazas e un soporte na traseira para levar bultos; nosos pais contratárono para levarnos ó seminario; nosotros cargábamos alí as nosas maletas de madeira coa roupa e libros, de tal xeito que subindo a Cruz da Cancela  co peso das maletas atrás, casi se levanta de diante, porque nos pesábamos puco comparados coas maletas. Pero chegamos con Gasolín–que por ese “mote” andaba- felizmente o destino de Vilanova.

Aqueles duros invernos.-Como ainda seguimos no inverno daqueles días, se superando a morriña de non poder quedarnos as festas das nosas parroquias, comezamos a vida diaria, na capela as meditacións dirixidas (nas que nos era fácil dormirnos o calorciño dos compañeiros), a Misa de D. José María Puente, volta os dormitorios, facer a cama e pasar ó comedor pro desayuno. E logo, veña clases, estudio, recreos……

Nos invernos duros daqueles anos, pasamos moito frío; levábamos casi “vida militar”, (D. José María creo que tivera graduación militar na guerra).

Tuvemos compañeiros con grandes sufrimentos de “sabañóns” que Germán e Venancio nos trataban traendo unhas tinaxas con auga quente para meter as mans;  as orellas de algúns parecían “freixós”. Foron eles –Germán e Venancio-  as nosas “nais” en Lorenzana, ós que sempre recordamos con cariño e gratitude grande.

A comida, millorada.-Por outra parte, a nós xa non nos tocou a época da necesidade alimenticia; tuvemos ben alimentados, con especial recordó dalgúns menús (a “carne dos mércores” a Moncho Barro, os garabolos con pouciño, que repugnaban os irmáns Castro, ou a todos o arroz seco con bonito dos domingos ou xoves a cea, despois do paseo pola carretera dos burros hacia Trabada. Pero, ainda queixándonos, non comíamos millor nin tan variado nas nosas casas. Ainda había moita pobreza  e necesidade nas nosas aldeas, vilas e ciudades !!.

É importante valorar a dimensión deportiva, con porteiros e dianteiros de valía;  e os paseos de domingos e xoves para folganza, divertimento e salude ambiental. E xogos de interior nos claustros, cando o tempo non invitaba a sair

Profesores e formadores.-Tamén estaría ben  lembrar algunhos dos nosos Profesores e Superiores.

En Lorenzana, o Patrón Maior era D. José María Puente Martínez. De Párroco estaba entón D. Antonio García Mato con D. Francisco Ron Sánchez de Coadjutor; logo chegou D. César Chavarría Pacio.

No meu tempo apareceron como Formadores, por trimestres, os Diáconos Ricardo Pena Domínguez e Luis Villamarín Rodríguez Anllo, David Prieto Madarnás, José Luis Parga Santiago, Santiago Villamar Pita. Como Director Espiritual estuvo varios anos Manuel Vilela Bellón. Pasados anos, xa tomaron o relevo D. Darío Balea Méndez, que pasaría logo tamén como Rector,  profesor e formador a Mondoñedo  o longo de moitos anos. E despois foi misioneiro.

Outros moitos, Ricardo Díaz Seijas, José Antonio Llenderrozos López, Rectores, axudados por algunos compañeiros que ainda viven.

Fai 70 anos comezou a nosa andaina.

1954, San Martiño de Foz. 1º y 2º de Latín

 

 

 

 

Valoracións do Seminario.-Son moitas as valoracións e vivencias que poidéramos facer: a formación académica, a vida cristiana e despois pastoral, a amistade e compañeirismo, a entrega dos Profesores e Formadores “ que se fixo co saber pedagóxico e coa realidade daquela época”, a seguridade personal e psicolóxica ante un  mundo “novo e desconcertante”, a nostalxia  e a “presencia espiritual” de tantos compañeiros que xa nos precederon na vida, e na fe e no traballo pastoral…(lembranza ante o Señor…).

Eiquí queda esta miña breve aportación para a Web, como lembranza do que eu vivín e aberta a correccións e milloras do escrito, por calqueira compañeiro e condiscípulo.

Un fraterno e animoso abrazo, no aniversario dos 70 anos. ¡BON NADAL!

(1) Rafael Lombardero (Vilameá, A Pontenova, 1942). Ingresó en el Seminario Menor de Lorenzana en 1943. Fue  ordenado sacerdote en 1965. Coadjutor  en San Julián de Ferrol, 1965-1968. Cura de  San Claudio y  Sta.Mª de Mera (Ortigueira), 1968-1970.  Secretario particular del obispo  D. Miguel A. Araújo, 1970-1985,

Actualmente es titular de las parroquias  de Couzadoiro (San Salvador y San Cristóbal), Cuiña, Devesos, Ermo, Freire, As Neves, San Claudio y Senra, en el municipio de Ortigueira. Es miembro del Consejo de Consultores diocesano.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*