Oración a Evaristo Lorenzo Orol

Hoy, domingo, 9 de octubre, falleció en Ferrol nuestro compañero el sacerdote Evaristo Lorenzo Orol. Su condiscípulo, compañero de sacerdocio  y amigo Manuel Carballo le dedica estas emotivas líneas de homenaje.

Por Manuel Carballo Ferreiro

Nos primeiros tempos de seminario e sendo compañeiros de curso, neses anos en que xa non se é neno; pero tampouco aínda se é mozo, non tardei en saber que Evaristo Lorenzo Orol proviña dunha familia humilde, humildosa e numerosa do Vale D´ouro . Tampouco tardei en observar por min meso que era un chisco berrón. Quero dicir: que tiña un son de voz afinado contra riba, que tamén era nervioso, apurado, sen moitas agardas e que non lle faltaba una pizquiña de mal xenio se se vía apertado.

Pero cando tocaba rezar, acougaba quedándose quietiño, non parado, e mesmo apertaba os ollos e os dentes, coma facendo forza para axudarlle a Dios a facer o seu traballo.

Eses trazos e outros moitos foron conformando a súa identidade de home maduro e de ben.

Nunca renegou das orixes e así, a humildade, como proximidade, sentirse á altura dos de máis abaixo, foi a súa bandeira.

Proceder de familia numerosa ensinoulle a amar de xeito moi aberto, sen poñer cancelas, nin constrinxir o seu amor a estreiteces pesadas e medida ou con lindes moi ben definidas.

Ser berrón, sen chegar a perder o control de si mesmo, permitiulle facerse oír. Denunciar a multinacionais que cambiaban excesivo flúor para todos por traballo pra uns poucos; e ser denunciado por desacato, enténdase: falta de submisión, á autoridade incompetente, pero obediente. Sobráballe voz e grazas a iso puido prestárllela o moitos espropiados dela.

O vivir apurado, sabendo diferenciar moi ben entre dez minutos e un cuarto de hora, pero sabendo tamén parar o que faga falta con quen sofre, incapacitouno pra perder un minuto na sementeira do ben, da verdadeira xustiza, do Evanxeo e da Gracia de Dios.

Así viviu 50 anos de cura e así pasou o que tiña que pasar: Foille medrando, medrando, o corazón ata non caberlle na caixa e… ¡zas!, morreu de amor.

Si, diga o que diga o parte médico de defunción, Evaristo Lorenzo Orol morreu por ter o corazón máis grande do normal!

Ha custar traballo telo quieto no futuro, pero, de momento, Descansa En Paz.

Se pode ser, Evaristo, vai preparando un sitiño por aí por cerca de ti e mira que tampouco quede lonxe de Manolo Cao do Cadramón e de tantos outros amigos que xa viven na Luz, porque tén que ser certo que “o amor non pasa nunca”. Amén

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*