Profesor rupturista: Dino Pacio Lindín

Dino y amigos

En una de sus visitas a España, a mediados de los 80, Dino Pacio se reunió en Santiago con su amigo el también ex profesor mindoniense  Edelmiro Bascuas, ya por entonces prestigioso filólogo, y tres de sus exalumnos, Manuel Rivas, Paco Ramil Acebo y Jesús Pena Seijas. En la foto, de izquierda a derecha, Dino Pacio con su hija, Edelmiro Bascuas y Manolo Rivas; delante, los hijos de los tres amigos, durante un paseo por el campus compostelano.

La influencia del profesor don Dino Pacio Lindín entre sus alumnos filósofos del nuestro Seminario entre los años 1960-65 ha dejado profunda huella. En este artículo, uno de sus alumnos, el hoy profesor jubilado Manuel Rivas García nos ofrece una visión muy  cercana de don Dino, que se une al texto publicado en esta misma página por Ramón Díaz Guerrero.

Por Manuel Rivas García (1)

Quero empezar este breve relato mostrando o meu agradecemento a aqueles profesores que dedicaron intelixencia e esforzo á tarefa de educarnos no amplo sentido da palabra. Como en todo grupo humano, non todos temos as mesmas capacidades nin o mesmo interese e dedicación. Sen embargo, no tránsito a Filosofía, é obrigado sinalar que tivemos a gran sorte de contar cun plantel excepcional de profesores e formadores. Alí estaban, entre outros que sería prolixo enumerar, José María Díaz, Uxío García Amor  , Alfonso Gil, Antonio Lozano Gato, Ricardo Pena, Eugenio Núñez Ríos, Edelmiro Bascuas e Dino Pacio, quen non só era profesor senón tamén o que hoxe chamariamos formador. Tiña sona de home esixente e non tardariamos en comprobar que así era. Pero tampouco tardariamos en descubrir que era unha persoa de fiar e que se implicaba nos problemas. Nada do que pasaba no grupo ou a unha persoa lle era alleo. Pronto nos daría a vida a oportunidade de comprobalo.

Home revolucionario

En efecto, corría o mes de outubro, ou quizais novembro de 1963. Non recordo exactamente. Do que si me acordo é que andabamos a voltas ca Lóxica, que nos daba o recén ascendido a cóengo, José María Fernández. Creo que seguiamos o texto de Charles Boyer, todo en latín.

O latín da discordia.-O profesor estreábase aquel curso en Filosofía. Notabamos que a materia se lle facía costa arriba porque lle custaba aclararse nalgunhas cuestións que preguntabamos porque non entendiamos. Por se fora pouco, dalgúns conceptos traía catro ou cinco definicións distintas que, en vez de aclarar o problema, a veces aínda o complicaban máis. Co que lograba o resultado contrario ao pretendido na maior parte dos casos. Tratamos de dicirlle que explicase a materia en castelán e non dise tantas definicións, que o único que lograban era máis confusión. Fixo caso omiso do que lle dixemos. E o problema foise agrandando ata que nos xuntamos e decidimos que era preciso parar aquilo. Diso informamos a Dino Pacio, quen veu o problema e lle parecía razoable a nosa posición. Decidimos entón plantarnos todos en bloque e facer folga. Cando preguntase na clase – que o facía a diario- non se lle respostaría.  Así sucedeu. Tras preguntar a catro ou cinco e atopar escusas tan peregrinas, como dor de cabeza, ter unha visita ou ter que afeitarse, decatouse do que pasaba, púxose moi roibo e marchou da clase directo ao Bispo Argaya. O problema era moi grave.

Folga e intervención do Bispo.-O Bispo tardaría uns días en chamarnos a todos. Había rumores dunha posible expulsión colectiva. Os compañeiros de cursos superiores mirábannos con estrañeza. Eramos uns rapaces duns 16-17 anos. Uns revolucionarios. Os nervios estaban a flor de pel. Curiosamente o máis grandullón e forte era o que máis medo tiña e prefería dar marcha atrás. Nese momento veu Dino Pacio a falar con nos. Vía que era unha causa xusta e era preciso seguir adiante. Prometeunos que se expulsaban a alguén, el tamén se iría. Aí comprobamos a súa talla e a partir de aí gañou a nosa plena confianza. Xa colleramos máis folgos para  seguir adiante.

O Bispo chamounos ao pazo episcopal e tras interrogar a un por un dos compañeiros, cando rematou co sexto comprobou que estabamos moi unidos e que non iamos a ceder. Enfadouse moito pola actitude desafiante duns “mocosos”, como el dicía; pero tras varios días, o profesor volveu a súa clase e aceptou dar as clases en castelán e unha soa definición de cada concepto, como habiamos acordado.  E así empezaron a cambiar as cousas. Era unha revolución pacífica ou non tanto. Sen dúbida houbo un pulso entre o sector máis conservador do claustro de profesores e os profesores xoves  que respiraban novos aires, entre os partidarios dunha escolástica esgotada e baleira e os defensores dunha nova filosofía que estaba presente nas universidades europeas.

Á altura dos tempos.-Dino soubo estar a altura dos tempos e facer presentes as novas ideas introducindo novos textos e despregando un amplo programa de actividades culturais – como describe brillantemente o meu compañeiro e amigo Ramón Díaz Guerrero-, convidando a dar charlas e relatorios a importantes personaxes. Ademais dos faladoiros literarios tamén se representa algunha obra de teatro e actuacións musicais. Eu destacaría as charangas dos irmáns Germán Chao Falcón e Gonzalo,  cos que nalgunha ocasión participei acompañando co bombo. Lembro que Germán se presentou unha vez como un “showman” tocando á vez a harmónica, batería, bombo e creo que a guitarra. Xorden tamén os “Preukas” con Caruncho Rodríguez (compositor e guitarrista), Xulio Leal e Paco Conde Núñez á guitarra e Jesús López Piñeiro á batería. Había moita vida, traballo e boa sintonía xeral nalquel grupo de pequenos  filósofos. Quen estaba detrás era Dino e outros profesores que traballaban por mellorar as cousas. Canto nos abriron as nosas mentes!!

Cambio no ensino da Filosofía.-Naquel momento non comprendiamos o alcance daquela  folga que  ía a cambiar o curso do ensino da filosofía. Corría o curso 1963-64.  No seguinte curso xa non tivemos que pelexar para que puxeran textos actualizados en castelán. Contidos e actitudes do profesorado cara os alumnos xa serían outras: máis respectuosas e dialogantes.  Todo o que sucedeu debeu remover os cementos do ensino naquel centro. Pero non eramos tan ilusos como para pensar que nosoutros sos podiamos cambiar todo. Á cabeza daquel curso estaba  Dino Pacio e Edelmiro Bascuas, orientándonos e dándonos folgos, pero tamén o nutrido grupo de profesores xoves aludido e ben formados que nos apoiaban. Era o comezo dunha nova etapa sen sabelo. Mondoñedo daba un salto dende unha escolástica tenebrosa e estéril cara a modernidade analizando e reflexionando sobre as ideas que vertebraban a sociedade do século XX. Para iso, xusto é dicilo, non aforraron esforzo aquel grupo de profesores e formadores que nos puxeron a altura dos tempos.

Bases humanas de honestidade.-Sen embargo,  co tempo, algúns sentirían seguramente decepción porque a maior parte de nós abandonamos a carreira eclesiástica. Do noso curso só se ordenaron Félix Villares Mouteira, Luis Manuel Ledo e Alfonso Morado. Debo dicir que o tempo empregado en formarnos non foi nin moito menos perdido. Aquelas bases humanas de honestidade, verdade, esforzo e mesmo solidariedade aprendimolas aí e seguen a latexar en nos. Encontrarse cun colega, ainda que xa pasaran moitos anos, é volver a atopar a un amigo porque ainda que o tempo fose labrando outra imaxe no noso rostro, os valores que aprendimos cando eramos mozos permanecen e seguen sendo o fundamento de entendemento e confianza, que non se atopa no caso  doutros colexiais.

Curiosamente a  situación arriba aludida repetiríase uns tres anos máis tarde no segundo curso na Universidade Pontificia de Salamanca en 1968 cunha prolongada folga que remataría cunha ampla remodelación da planella do profesorado aportando sabia nova á institución. Eran os novos aires que chegaban a España.

Pedagogo  e guía excepcional

Mondoñedo sería outra cousa dende entón. Logo viría o terceiro curso de Filosofía en 1965-66 onde simultaneamos o programa do curso e á vez as asignaturas do Preuniversitario. Hacia o final decidimos case todos preparar a reválida de sexto. Aquel curso traballamos profesores e alumnos moi intensamente. Dino impartía – como xa indicou Ramón Díaz Guerrero- Socioloxía e Ética. Ás doce da noite pasaba revista para que as luces das habitacións estivesen apagadas e se respectase escrupulosamente o tempo de descanso. Algúns compañeiros devezían por ler e e seguían ata altas horas da noite. Era preciso por límites para levar unha vida ordenada.

Un espello onde mirarnos.-Dino Pacio non era o tipo de persoa que insiste en que traballes ou fagas determinadas tarefas. El chegaba a entender o que pasaba pola túa mente, escoitaba moito e dicíache algo ao xeito. A verdade, a honestidade e o traballo exemplificábao el mesmo. Pasaba moitas horas no seu cuarto lendo e traballando ou facendo outras tarefas, pero nunca se vía de vagar. Tiña un paso firme e decidido, característico e inconfundible. Sabiamos por onde andaba. Diciamos que era dinamita, pura enerxía. El era o exemplo de traballo e de honradez. Xa din que as palabras moven, pero o exemplo arrastra. Uns máis e outros menos, pero todos tiñamos un espello onde mirarnos e penso que en xeral  nos esforzabamos por traballar e enfrontarnos á vida con realismo.

Un líder nato.-Dino non fixo nin escribiu ningún método de ensino, pedagóxico. Sen embargo non atopei ningún profesor nin pedagogo que fose capaz de lograr, como fixo el, que dos seus discípulos partise a iniciativa de formarse e esforzarse por adquirir coñecementos e descubrir o mundo real así como os hábitos baseados na honestidade e a verdade. ¿Como lograba que funcionasen por si sos, que é o ideal? Probablemente facendo que os seus alumnos fosen capaces de soñar, de ter soños, como diría Martin Luther King. Cando se soña, non hai dificultades que se resistan nin obstáculos que non poidan arredarse. Iso ten certa maxia. Dino era indiscutiblemente un líder nato. Un home ademais que se anticipaba ao futuro, que o vía vir con antelación. Recordo unha vez que na clase de Socioloxía dixo que unhas das empresas que máis gañarían no futuro serían as que se dedicasen a descontaminación. En Mondoñedo quizais nin se sabía o que era  contaminación porque non a había. Había moi poucos coches. Podiamos pasear polo medios das rúas e estradas sen perigo algún. Aínda tardarían anos en chegar o problema do fume dos coches, das industrias ou das chimeneias da calefacción.

Marcha a Estados Unidos.-Ao rematar o curso, que foi todo un éxito ao aprobar a case totalidade dos presentados a reválida de sexto, Dino marchou rumbo a USA, á Universidade de Harvard. Alegrámonos por el, pero notamos o baleiro. Pronto nós emprenderiamos tamén outros vos. As súas esporádicas visitas a Salamanca e a Galicia sempre nos xuntaron ao seu redor e nos levaron a revivir aqueles soños que nos diron empuxe na vida.

Remato mostrando unha vez máis o  fondo agradecemento polo traballo, abnegación e xenerosidade daqueles que fostes os meus “Mestres” e me guiastes como faro nas tempestades da vida.

Más información.

(1) Manuel  Rivas García. (Distriz, Vilalba, 1947). Doctor en Filosofía, catedrático y escritor.

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*